Na Xornada Biblioteca Inclusiva. Cidadanía na Diversidade, celebrada o pasado 15 de novembro na EGAP, presentouse un tríptico que achega o valor inclusivo do programa Radio na Biblio. Este documento recolle as opinións de profesorado, alumnado e familias que reflicten o valor da radio como unha ferramenta de inclusión. A radio proporciona múltiples oportunidades para o desenvolvemneto de competencias clave a través de tarefas complexas que involucran diversas habilidades e destrezas, un espazo que permite ao alumnado desenvolver os seus talentos e capacidades.