O venres 15 de novembro a EGAP (Escola Galega de Administración Pública) de Santiago de Compostela acollerá a xornada formativa BIBLIOTECA INCLUSIVA. CIDADANÍA NA DIVERSIDADE, organizada pola D.X. de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, dentro do seu programa BIBLIOTECA INCLUSIVA, en colaboración co Servizo de Formación do Profesorado.
Asistirá profesorado vinculado á biblioteca escolar de centros públicos e concertados de educación especial, de centros con unidades específicas de atención a alumnado NEAE, así como centros de escolarización preferente, especificamente convocados pola dirección xeral organizadora. Ampliouse a posibilidade de asistencia a profesorado dos departamentos de Orientación destes centros. En total unhas 230 persoas compartirán experiencias e participarán das charlas e talleres previstos no programa que prevé a intervención, entre outros, de Susana Peix, bibliotecaria especialista en accesibilidade e inclusión; Rosa Piquín, experta en materia de bibliotecas escolares e atención da diversidade, e Blanca Mata, xornalista e coordinadora da Asociación "Lectura Fácil Euskadi".
Os talleres correrán a cargo de Paola Guimeráns (Libros pop-up e circuítos), Blanca Mata (Lectura fácil), Felo Couto (Recursos tecnolóxicos e atención da diversidade) e Susana Peix (Unha colección para a biblioteca inclusiva).
Compartirán a súa experiencia no ámbito da atención á diversidade desde a biblioteca escolar os responsables das bibliotecas do CEIP Escultor Acuña, IES Valadares, CEE Manuel López Navalón e CEEPR Juan María.
- PROGRAMA
- POR UNHA BIBLIOTECA INCLUSIVA (documento descargable)