Dende 1997 celébrase o Día da Biblioteca o 24 de outubro, una conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. Esta asociación, membro da OEPLI, facilita na súa páxina o cartel e o pregón para esta conmemoración nas diferentes linguas do Estado, obra desta vez do ilustrador Miguel Calatayud e a escritora Gemma Pasqual.
Pola súa parte, o Ministerio de Cultura e Deporte propón este ano 2019 a incorporación do lema "aptas para todos os públicos", co obxectivo de salientar o papel das bibliotecas na promoción da igualdade de xénero.
As bibliotecas escolares galegas teñen o seu propio lema para este curso 2018/2019, BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA, que conta cunha imaxe propia creada por Óscar Villán. Os carteis editados con este lema están xa en todos os centros educativos. As bibliotecas escolares están xa en plena celebración do seu día, unha oportunidade para inaugurar novos espazos, abrir as portas á comunidade educativa e presentar ás familias os recursos e as actividades da biblioteca, programar actos específicos nos que lembrar as oportunidades que ofrece a biblioteca para estimular a formación lectora do alumnado e reforzar a adquisición de todas as competencias e contidos incluídos no currículo.
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar as outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas (e todas boas), que son as bibliotecas públicas, eses lugares para a igualdade e a diversidade que son as BIBLIOTECAS.
Actividades nas bibliotecas escolares de Galicia:
- CEIP A Cristina (Carballo-A Coruña): Día das bibliotecas escolares, Proxecto
- CEIP P. Albino Núñez (Ourense): O noso libro favorito
- CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao (Vigo-A Coruña): Así celebramos o día das bibliotecas
- CEIP Cabada Vázque (A Estrada-Pontevedra): Día da Biblioteca
- CEIP Canosa-Rus (Coristanco-A Coruña): 365 días de Biblioteca
- CEIP P. de Carballedo (Cerdedo-Cotobade/Pontevedra): Día das Bibliotecas
- CEIP de Celeiro (Viveiro-Lugo): Día da Biblioteca Escolar
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume-A Coruña): Día das Bibliotecas Escolares
- CEIP P. de Covas (Viveiro-Lugo): Día da Biblioteca
- CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña): O día da biblioteca
- CEIP Feliciano Barrera (Ponteareas-Pontevedra): Día das bibliotecas escolares
- CEIP do Foxo (A Estrada-Pontevedra): Día das Bibliotecas Escolares, Tarabela Creativa
- CEIP de Foz Nº1 (Foz-Lugo): Día das Bibliotecas Escolares
- CEIP P. Graxal (Cambre-A Coruña): Presentación proxecto, Mochilas viaxeiras, O Moucho Leroucho
- CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela-A Coruña): Día das bibliotecas escolares
- CEIP Manuel Cordo Boullosa (Ponte Caldelas-Pontevedra): Celebracións, Cocorico, Na busca do bico
- CEIP P. de Monforte de Lemos (Monforte de Lemos-Lugo): Semana da Biblioteca
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña: Día das Bibliotecas
- CEIP O Coto (Negreira-A Coruña): Día da Biblioteca
- CEIP da Pobra de Brollón (A Pobra de Brollón-Lugo): Día da Biblioteca
- CEIP P. Ría do Burgo (Vigo-A Coruña): Día das Bibliotecas Escolares
- CEIP Saco e Arce (Toén-Ourense): Feliz Biblioteca!
- CEIP Santa María do Valadouro (O Valadouro-Lugo): Celebración do Día das bibliotecas Escolares
- CEIP de Seixo (Marín-Pontevedra): Eu recoméndoche: Día das Bibliotecas
- CEIP P. Víctor López Seoane (A Coruña): Día da Biblioteca, Escape room
- CEIP Vistahermosa (Ourense): 24 de outubro, día da Biblioteca
- CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo-A Coruña): 24 de outubro. Día das bibliotecas
- CEP Marcos da Portela (Pontevedra): Día das bibliotecas 2019
- CPI P. Antonio Orza Couto (Boqueixón-A Coruña): Feliz Día da Biblioteca, Escape-room
- CPI de Bembibre (Val do Dubra-A Coruña): Spot publicitario Día da Biblioteca
- CPI Dr. López Suárez (O Saviñao-Lugo): Somos todos pezas do mesmo puzzle.
- CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal-Pontevedra): Dictado por relevos, contacontos, curtametraxe, concurso de Fotografía e Texto
- EEI San Roque (Viveiro-Lugo): Día da Biblioteca Escolar
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Día das bibliotecas
- IES Fernando Esquío (Neda-A Coruña): Semana de Tolkien, No día das Bibliotecas Escolares
- IES Johan Carballeira (Bueu-Pontevedra): Día das Bibliotecas
- IES de Quiroga (Quiroga-Lugo): Día da Biblioteca
- IES P. Rafael Dieste (A Coruña): 24-O: Día das Bibliotecas 2019 @"BIBLIODIESTE"
- IES Xograr Afonso Gómez (Sarria-Lugo): Día das Bibliotecas
- CEIP P. da Igrexa-Chapela (Redondela-Pontevedra) e IES Pazo da Mercé (As Neves-Pontevedra): Celebración do Día da Biblioteca