A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. vén de facer público o novo número da Revista Galega do Ensino (EDUGA), que conta cunha sección fixa de Bibliotecas Escolares e Hora de ler. Neste número 77 de Xuño de 2019 publícanse un total de 5 artigos, nas dúas sub-seccións: Biblioteca escolar e Boas prácticas. Unha revisión destes artigos, e do resto de traballos publicados en números anteriores da revista, serve para achegarse á viva realidade das bibliotecas escolares galegas, auténticos motores de innovación pedagóxica na última década:
Camiño dunha biblioteca inclusiva. CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña) |
Coñecendo os noso concellos. Proxecto colaborativo en Radio na Biblio. CEIP Da Pobra de Brollón e Ceip Virxe do Carme de Sober (Lugo) |
Radio Maraña. A radio da escola de Vilar de Barrio. CEIP P. de Vilar de Barrio (Ourense) |
A Cast@radio, unha experiencia de Radio na Biblio. CEIP P. de Carballedo, Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) |
Desde as bibliotecas escolares ata o infinito e máis alá! IES Fernando Esquío de Neda (A Coruña) |