O Portal Educativo publica a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, do 15 de abril de 2019, pola que se convoca o VI CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS, vinculados ou apoiados pola biblioteca escolar, para traballos realizados durante o curso 2018/2019.
As modalidades nas que se pode participar son as seguintes:
1. Proxectos de carácter interdisciplinario, ou Proxectos Documentais Integrados , coordinados desde a biblioteca escolar, e que conten coa participación dun mínimo do 40% dos grupos-aula existentes no centro (e un 40% dos departamentos, no caso dos centros de ensinanza secundaria).
2. Proxectos de investigación dirixidos por profesorado dun grupo, nivel, ciclo ou departamento, nas seguintes sub-modalidades:
a. Traballos de grupo/nivel
b. Traballos de ciclo/departamento
c. Proxectos realizados na materia de libre configuración de 1º/2º de ESO “Investigación e Tratamento da Información”, ou noutras materias equivalentes en ESO ou primaria.
Todos estes traballos teñen que realizarse co apoio e colaboración da biblioteca escolar e contando cos seus recursos e posibilidades.
A temática do proxecto escollida pode ser de calquera ámbito do coñecemento, pero se contemplará un apartado especial de traballos do ámbito científico.
3. Proxectos de investigación intercentros, promovidos desde as bibliotecas de ata un máximo de tres centros de ensino co fin de desenvolver un proxecto común, de temática xeral ou científica.
O prazo de presentación das memorias correspondentes segundo o guión contemplado na convocatoria remata o 10 de xullo de 2019.
Na imaxe, alumnado do CPI Cruz do Sar (Bergondo-A Coruña)