O día 1 de abril, celébrase o Día das Artes Galegas que, neste 2019, homenaxea a Luís Seoane. Queremos aproveitar a ocasión para difundir os libros que a Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes de A Coruña nos fixo chegar para agasallar ás bibliotecas escolares.
Todas aquelas bibliotecas que, promovendo actividades creativas e artísticas, celebren esta data e que teñan traballos sobre Seoane, poden envialos antes do 15 de abril ao correo da Asesoría e recibirán un lote destes libros.
Agradecemos á Asociación de Amigos e ao Museo de Belas Artes a súa achega para dotar de fondos de Arte en galego as bibliotecas escolares de Galicia.
A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia celebra esta data cunha xornada de portas abertas á que nos convida.
A Rede do Patrimono Cultural achega dous documentos de traballo, para todas as idades, conscientes de que o mellor camiño para a conservación do Patrimonio é o coñecemento.
Actividades nas bibliotecas escolares:
- CEIP P. Anxo da Garda (A Coruña): Mes das Artes Galegas, Almanaque Antón Fraguas & Luís Seoane
- CEIP P. Graxal (Cambre-A Coruña)
- CEIP P. de Monforte de Lemos (Monforte de Lemos-A Coruña)
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira-A Coruña)
- CEIP Salgado Torres (A Coruña)
- CEIP P. Santa María (A Fonsagrada-Lugo)
- CEIP de Seixo (Marín-Pontevedra)
- CEIP da Torre-Cela (Bueu-Pontevedra)
- CEIP Vistahermosa (Ourense)
- CEP P. Xesús Ferro Couselo (Valga-Pontevedra)
- CPI Dr. López Suárez (O Saviñao-Lugo)
- CPR P. Manuela Rial Mouzo (Cee-A Coruña)
- CRA de Culleredo (Culleredo-A Coruña)
- EEI de Barrionovo ( Arteixo-A Coruña)
- Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia (Pontevedra)
- IES Antonio Losada Diéguez (A Estrada-Pontevedra)
- IES Mendiño (Redondela-Pontevedra)
- IES da Pobra do Caramiñal (A Pobra do Caramiñal-A Coruña)
- IES de Quiroga (Quiroga-Lugo)