O programa BIBLIOTECA CREATIVA está xa en marcha en 55 centros galegos, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares neste curso 2018/2019. Trala xornada formativa, de carácter presencial, levada a cabo o 19 de outubro pasado, o profesorado e o alumnado destes centros puxéronse á faena: escornabots e impresoras 3D forman xa parte dos recursos e as actividades da biblioteca escolar e os espazos creativos ofrecen múltiples oportunidades de aprendizaxe manipulativa, ocasións para a exploración, a investigación, o traballo colaborativo e a creación. Velaquí algúns exemplos:
ESCORNABOTS
- Como montar un escornabot. CEIP Santiago Apóstolo de Franza (Mugardos-A Coruña)
- Programando ao teu colega. CEIP Pena de Francia (Mos-Pontevedra)
- Titorial para modificar o avance e o xiro. CEIP de Quintela (Moaña-Pontevedra)
- Okupación escornabótica, mochilas viaxeiras. EEI de Barrionovo (Arteixo-A Coruña)
- Actividade escorna-musical. CEIP de Seixo (Marín-Pontevedra)
- Formación de usuarios. CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño-Pontevedra)
IMPRESIÓN 3D
- Presentación impresora 3D. CEIP A Lama (A Lama-Pontevedra)
- Monicreques teatro de sombras. EEI de Barrionovo (Arteixo-A Coruña)
- Deseñando con Tinkercad . CEIP Canosa-Rus (Coristanco-A Coruña)
- Deseñando coa app Doodle 3D. EEI de Barrionovo (Arteixo-A Coruña)
ESPAZO CREATIVO
- Presentación Roboteca Argalleira. CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño-Pontevedra)
- Presentación recuncho creativo. CEIP de Seixo (Marín-Pontevedra)
- Traballando no espazo creativo. CEIP Canosa-Rus (Coristanco-A Coruña)
- Atelier Creativo. EEI de Barrionovo (Arteixo-A Coruña)
- Creando vídeoxogos no Cast@maker: Bloxels. CEIP P. de Carballedo (Cerdedop-Cotobade)
- Circuitos de papel. CEIP P. Virxe do Carme (Sober-Lugo)
No bloque Biblioteca creativa 2018/2019, desta mesma páxina, e nas súas tres seccións: Escornabots, Impresión 3D ou Espazo creativo, iranse engadindo outras actividades dos centros a medida que nos vaian chegando.