A realidade é teimuda e seguimos necesitando datas para denunciar a violencia sistémica contra as mulleres e as violencias cotías, físicas ou simbólicas, exercidas contra nenas, mozas e mulleres de toda idade e condición na casa, na rúa, no traballo, nos patios, na publicidade, nos medios de comunicación, nas relacións sociais, nos discursos mediáticos... Os centros educativos e as bibliotecas escolares súmanse á conmemoración do 25 de Novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller, con múltiples actividades destinadas a educar na igualdade e contribuír a unha maior consciencia do problema por parte dos distintos sectores da comunidade educativa. O #25N non é unha festa, é unha data a borrar do noso imaxinario, pero até entón, aínda queda moito por facer, moitos muros que derrubar (na imaxe, intervención realizada no IES Universidade Laboral, de Culleredo).
Recollemos aquí algunhas das accións levadas a cabo arredor destas datas nas bibliotecas escolares galegas:
- CEIP Afonso D. Rodríguez Castelao (Vigo, Pontevedra): Diferentes actividades
- CEIP Canosa_ Rus (Coristanco, A Coruña): Programa de radio, Escornabots e contacontos
- CEIP P. de Carballedo ( Cerdedo-Cotobade, Pontevedra): Xincana
- CEIP de Celeiro (Viveiro, Lugo):Diversas actividades
- CEIP de Cespón (Boiro, A Coruña): Actividades diversas
- CEIP P. de Covas (Viveiro, Lugo):Vídeo
- CEIP P. A Cristina (Carballo, A Coruña):Vídeo
- CEIP P. de Nantes (Sanxenxo, Pontevedra):Diferentes actividades
- CEIP Pena de Francia (Mos, Pontevedra). Diferentes actividades
- CEIP P. Profesor Albino Núñez (Ourense): Diferentes actividades
- CEIP Ramón de Valenzuela (Silleda, Pontevedra):Vídeo
- CEIP da Ribeira (O Porriño, Pontevedra): Vídeo
- CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense): Vídeo
- CEIP Santiago Apóstolo (Mugardos, A Coruña): Video
- CEIP Torre-Cela (Bueu, Pontevedra): Diferentes actividades
- CEIP Vicente Otero Valcárcel (Carral, A Coruña): A porta violeta en LSE
- CEIP Virxe do Carme (Burela, Lugo): Actividades
- CEIP Vistahermosa (Ourense):Actividades
- CPI Manuel Suárez Marquier( O Rosal, Pontevedra): Programa de radio; Performance
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña): Guía de lectura;Encontro BN;Agasallo 3D; Audiovisual
- EEI de Vilarrodís (Arteixo, A Coruña): Contacontos
- IES Agra de Orzán (A Coruña): Vídeo resumo das actividades
- IES Concepción Arenal (Ferrol, A Coruña):Vídeo Romeo e Xulieta na actualidade
- IES Gregorio Fernández (Sarria, Lugo): Diferentes actividades
- IES Johan Carballeira (Bueu, Pontevedra):Bueu en negro
- IES Lama das Quendas (Chantada, Lugo): Recomendacións lectoras e outras actividades
- IES Lucus Augusti (Lugo):Presentación
- IES Punta Candieira (Cedeira, A Coruña): Intervención do alumnado
- IES San Paio (Tui, Pontevedra): Escolma poética
- IES Universidade Laboral (Culleredo, A Coruña): Abrindo portas violetas
- IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Sarria, Lugo): Diversas actividades
- IES A Xunqueira I (Pontevedra): Diferentes actividades