|
|
Anagnórise é un exemplo da total actualidade que teñen os textos de María Victoria Moreno. Vinculáronse a este libro dous títulos referenciais da literatura galega que tratan, entre outras, as temáticas que se indican: adiccións, adolescencia, viaxe e aprendizaxe. Convídase a explorar novas relacións entre este texto e outros títulos que poidan ofrecer aos lectores e ás lectoras narracións enriquecedoras para esa aventura persoal que supón a adolescencia. | Mar adiante foi un dos primeiros títulos infantís en galego que os mediadores de lectura e o profesorado en particular tivo á súa disposición, grazas a María Victoria Moreno, cando apenas había textos para este nivel lector na nosa lingua. Vínculase á Escola de piratas, de Agustín Fernández Paz e Sempre Cristina, de Úrsula Heinze, polas temáticas tratadas: a fantasía, unha crítica evidente ás restriccións dunha escola tradicional, a aventura, os animais... Aínda que non aparece no cartel, permite tamén unha relectura dalgunhas figuras dos contos clásicos. |
Ao igual que nestes dous exemplos, a "constelación literaria" sobre María Victoria Moreno permite múltiples lecturas, que poden ser globais ou parciais dependendo do gusto e bo facer do profesorado. Podese comezar por ir analizando cada unha das ponlas até acadar unha visión global da "árbore" ou, pola contra, visualizar esta árbore e irse metendo, coma esquíos, por entre as ponlas, na procura de tosouros agachados. A biblioteca escolar pode, á súa vez, realizar unha exposición cos títulos que aparecen nesta constelación, co fin de facilitarlle á comunidade educativa o achegamento aos mesmos. É, tamén, unha proposta que vai más aló do an o 2018 e permitirá, se así interesa, traballar contidos literarios dunha forma que resulte máis significativa, vinculando uns libros con outros e axudar así, ao alumnado a medrar como lectores e lectoras. |