O Proxecto Lector de Centro precisa, para o seu desenvolvemento, dunha biblioteca escolar organizada e dotada de recursos suficientes, actualizados e adaptados ás necesidades formativas e informativas da comunidade educativa. Unha das medidas que se recollen como prioritarias á hora de deseñar o Proxecto Lector é a posta en marcha, no seu caso, da biblioteca escolar. Por outra parte, o PL debe estar contextualizado e partir da situación real do centro, polo que se fai necesario unha análise desta realidade, incluíndo os recursos materiais de que se dispón e o uso que se fai deles.
O cuestionario que se achega serve para obter unha radiografía da situación da biblioteca escolar do centro.