O 24 de febreiro está recollido no Calendario do Libro e da Lectura, publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, como o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a poeta de referencia da literatura galega. Son moitas as institucións que se suman desde hai anos a esta celebración do DÍA DE ROSALÍA que as bibliotecas escolares aproveitan para dar a coñecer ao alumnado os poemas, a vida e o significado desta gran autora. A obra de Rosalía cobra vida nas voces de nenas e nenos que recuperan en recitais, lecturas compartidas e todo tipo de actividades a forza da súa palabra. Atopan mozos e mozas na lectura dos seus versos unha muller actual e poderosa que se amosa cada ano que pasa máis próxima a todos e todas, a medida que os investigadores van desfacendo cos seus estudos as capas de escuridade que nola ocultaban.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega convida neste 2018, baixo o lema #AbrideAFiestra, a celebrar este Día de Rosalía co agasallo dun libro galego e unha flor a amigos e familiares. Publica un manifesto na voz de María Reimóndez e propón, así mesmo, múltiples actividades ás que se poden sumar os centros educativos.
Recollemos aquí algúns exemplos de actividades nas bibliotecas escolares galegas, como exemplo de que Rosalía de Castro habita un ano máis nos centros educativos. Ogallá os seus poemas sementen nas nenas e nos nenos o vinculo coa lingua que ela tanto dignificou.
- CEIP Albino Núñez (Ourense): Selección de recursos e outras actividades
- CEIP Antonio Pedrosa Latas (Viveiro, Lugo): Actividades
- CEIP Arquitecto Casas Novoa (Santiago de Compostela, A Coruña): #AbrideAFiestra
- CEIP P. Camiño Inglés (Oroso, A Coruña): Roteiro por Compostela
- CEIP de Cespón (Boiro, A Coruña): Decoración de fiestras e outras actividades
- CEIP Coirón (Dena, Pontevedra): Anuncio de actividades
- CEIP Coruxo-Carrasqueira (Vigo, Pontevedra): Audición de poemas musicados
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume, A Coruña): Recitado de poemas
- CEIP A Cristina (Carballo, A Coruña): Decoración de fiestras
- CEIP Cruz- Budiño (O Porriño, Pontevedra): Actividades sobre a biografía de Rosalía
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo, Pontevedra): Selección de poemas; Abride as fiestras 2018
- CEIP de Figueiroa (A Estrada, Pontevedra): Poemas musicados de Rosalía de Castro
- CEIP O Foxo (A Estrada, Pontevedra): Vídeo "Un día para o recordo"
- CEIP de Foz Nº1 (Foz, Lugo): Programa de radio e voluntariado lector
- CEIP P. de Frións (Ribeira, A Coruña): Vídeo da conmemoración do Día de Rosalía
- CEIP Igrexa-Candeán (Vigo, Pontevedra): Tendal de Novas Follas
- CEIP Joaquin Rodriguez Otero (Malpica de Bergantiños, A Coruña): Recitado de versos e mural
- CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela, A Coruña): Recursos sobre Rosalía de Castro
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra): Agasallo de poemas de Rosalía
- CEIP Melide Nº1 (Melide, A Coruña): Rosalía canta á natureza
- CEIP Milladoiro (Malpica de Bergantiños, A Coruña): Selección de poemas
- CEIP Nosa Señora de Xuvencos (Boborás, Ourense): Actividades
- CEIP P. Pintor Laxeiro (Vigo, Pontevedra): Abride as fiestras
- CEIP P. Pobra de Brollón (Pobra de Brollón, Lugo): Actividades
- CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo, A Coruña): Abríndolle as fiestras a Rosalía!
- CEIP P. A Pontenova ( A Pontenova, Lugo): Recitado de poemas
- CEIP de Ponte Sampaio (Pontevedra): Recitado de poemas
- CEIP de Randufe (Tui, Pontevedra): Rosalía, poeta e muller
- CEIP Rogelio García Yañez (Ramirás, Ourense): Ramirás con Rosalía
- CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense): Un colexio, 100 fiestras
- CEIP Sofía Casanova (Culleredo, A Coruña): Recitado de poesía
- CEIP Torre-Cela (Bueu, Pontevedra): Actividades
- CEIP Vicente Otero Valcárcel 8Carra, A Coruña):Recursos musicais e bibliográficos
- CEIP Virxe do Carme (Sober, Lugo): Recitado de poemas a través da radio escolar
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Traballos representativos da obra de Rosalía
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña): Impresión 3D ; Abride a fiestra en familia; Celebración na biblioteca; Carauta
- CPI Antonio Faílde (Coles, Ourense): Selección de recursos
- CPI Cabo da Area (Laxe, A Coruña): Abride a fiestra
- CPI Fonte Díaz (Touro, A Coruña): Actividades
- CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal, Pontevedra): Que sabemos de Rosalía?
- CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños, A Coruña): Vídeo
- IES Agra de Orzán (A Coruña): Recitado de poemas
- IES Chano Piñeiro (Forcarei, Pontevedra): As paredes do IES falan de Rosalía no seu día
- IES Lamas do Castelo (Carnota, A Coruña): Tríptico con recomendacións
- IES Laxeiro (Lalín, Pontevedra): Vídeo e "roll up"
- IES Pazo da Mercé (As Neves, Pontevedra): Recitado de poemas e outras actividades
- IES San Paio (Tui, Pontevedra):Verso a Verso con Rosalía; Recitado de poemas
- IES Valadares (Vigo, Pontevedra): Propostas lectoras
- IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Sarria, Lugo): Vídeo