O Portal Educativo publicou onte a Resolución do 4 de decembro de 2017 pola que se dan a coñecer os traballos seleccionados no IV Concurso de Traballos por Proxectos, convocado pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para o pasado curso 2016/2017. A este concurso candidatáronse un total de 102 traballos e foron seleccionados un total de 21 proxectos.
O IV Concurso de Traballos por Proxectos, coordinados ou realizados co apoio da biblioteca escolar, é unha iniciativa integrada no Plan LÍA 2016/2020 de bibliotecas escolares. No desafío nº 11 deste Plan, denominado"Aprendizaxes por proxectos e outras metodoloxías activas" recollese o interese por "propiciar o emprego dos recursos e servizos da biblioteca escolar no desenvolvemento das prácticas cotiás, con apoio preferentes ás metodoloxías activas e colaborativas". Este certame é unha das iniciativas contempladas para traballar neste ámbito. Búscase estimular, mediante o recoñecemento de boas experiencias de traballos por proxectos, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación do equipo de biblioteca escolar ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ABP), realizados en centros públicos non universitarios.
No seguinte cadro pódese acceder ás memorias presentadas polos centros que finalmente foron galardoados neste certame:
Modalidade |
Temática |
Centros Premiados |
Concello |
Provincia |
Título |
1. Proxectos Documentais integrados, coordinados |
Xenérica |
EEI Barrionovo |
Arteixo |
A Coruña |
|
CEIP Nicolás del Río |
Cedeira |
A Coruña |
|||
CEIP Milladoiro |
Malpica de B. |
A Coruña |
|||
CEIP P. de Meaño-As Covas |
Meaño |
Pontevedra |
|||
IES Faro das Lúas |
Vilanova de Arousa |
Pontevedra |
|||
CEIP P. Sobreira Valadares |
Vigo |
Pontevedra |
|||
Ciencias |
CEIP Virxe do Corpiño |
Begonte |
Lugo |
||
CEIP de Leirado |
Salvaterra de Miño |
Pontevedra |
|||
IES Castro Alobre |
Vilagarcía de Arousa |
Pontevedra |
|||
2.a. Proxectos de |
Xenérica |
CEIP Enrique Barreiro Piñeiro |
Cambados |
Pontevedra |
|
EEI Concepción Crespo Rivas |
Pontevedra |
Pontevedra |
|||
Ciencias |
IES Celanova Celso Emilio Ferreiro |
Celanova |
Ourense |
||
CEIP Nosa Señora dos Remedios |
Ponteareas |
Pontevedra |
|||
2.b. Proxectos de |
Ciencias |
CIFP Coroso |
Ribeira |
A Coruña |
|
2.c Proxectos realizados na |
Ciencias |
CEIP Quintela |
Moaña |
Pontevedra |
|
3. Proxectos de investigación intercentros |
Xenérica |
CEIP Francisco Vales Villamarín |
Betanzos |
A Coruña |
|
EEI de Fontelo |
Coirós |
A Coruña |
|||
EEI de Coirós de Arriba |
Coirós |
A Coruña |
|||
IES P. Fontexería |
Muros |
A Coruña |
|||
CEIP Felipe de Castro |
Noia |
A Coruña |
|||
CEIP P. Pepe de Xan Baña |
Santa Comba |
A Coruña |