2013/2014

Vídeo dos Encontros PLAMBE 2013/2014

Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2013/2014 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

Esta gravación resume o acontecido nos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2013/2014, celebrados en Santiago de Compostela os días 27 e 28 de marzo de 2014, coa asistencia dos responsables dos 524 centros integrados neste programa durante o presente curso.

Neste enlace están tamén dispoñibles todos os materiais relacionados coas diferentes intervencións (entrar como convidado). Estanse subindo vídeos das diferentes sesións plenarias e completando con outras informacións de interese. 

Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2013/2014

Os vindeiros 27 e 28 de marzo de 2014, o prrofesorado que coordina os equipos de biblioteca dos centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares reunirase en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos), no que serán os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2013/2014. 

O xoves 27 participarán os responsables das 23 bibliotecas integradas no programa na última convocatoria (2013). Ovenres 28 incorporaranse o resto de participantes, en total serán nesta xornada 524 profesoras e profesores, responsables ou integrantes dos equipos de biblioteca de todos e cada ún dos centros incluídos neste Plan de mellora de bibliotecas escolares, un programa iniciado no ano 2005 como acción específica dentro dunha estratexia para a renovación das bibliotecas dos centros non universitarios, de maneira que o alumnado do século XXI conte con recursos que lle axuden a desenvolver competencias clave como son as alfabetizacións múltiples e as competencias informacionais. 

Os Encontros reúnen a expertos en biblioteca como Inés Miret ou Luis Miguel Cencerrado; investigadores en cultura e tecnoloxía, como Antonio Rodríguez de las Heras; científicos como Jorge Mira. Pero tamén serán plataforma para a difusión de prácticas de excelencia que se están a dar en moitas bibliotecas escolares galegas, que se exporán en mesas de experiencias sobre "ciencias na biblioteca escolar", sobre a lectura ou sobre as aprendizaxe por proxectos. Haberá ocasión, así mesmo, para reunións temáticas, nos que o profesorado entablará coloquio sobre certas temáticas de interese, trala intervención inicial dun dos participantes: "Investigar ou googlear?" ou "Integración das ciencias e as humanidades na Biblioteca escolar, serán algúnas destas temáticas. Habilitarase un espazo para a exposición de materiais elaborados polas bibliotecas dos centros e, coma en ocasións anteriores, un recuncho para o intercambio de libros entre os lectores e as lectoras interesados. 

Esta actividade de formación está organizada conxuntamente polo Servizo de formación do profesorado - CAFI e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Asesoría de bibliotecas escolares), responsable das iniciativas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en materia de bibliotecas escolares e fomento da lectura. 

PROGRAMA

 

Xustificación gastos Plan de mellora de bibliotecas escolares 2013/2014

A xustificación do gasto das axudas recibidas segundo a resolución da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondente ao curso 2013/2014 (DOG de 18 de setembro de 2013), deberá remitirse, xunto coa memoria de actividades, antes do 9 de xuño de 2014. 

IMPRESO DE XUSTIFICACIÓN

IMPRESO INCORPORACIÓN DE GASTO PARA O ANO 2014

Centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares 2013/2014 nun clic

 

A CORUÑA
 

LUGO
 

PONTEVEDRA
 

OURENSE
No seguinte enlace podemos ver a localización dos centros que están integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares no actual curso 2013/2014

Resolución definitiva do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2013/2014

O DOG do 18 de setembro publica a Orde de 2 de setembro de 2013, pola que se resolve a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para o curso 2013/2014.

Tralas tres baixas habidas con respecto ao curso anterior e coa incorporación de 23 centros novos, esta Rede de bibliotecas escolares galegas consta dun total de 524 centros.

Todos os centros incluídos neste programa reciben axudas para  renovar os fondos da colección (sexa en formato impreso ou electrónico); á súa vez, os centros que se incorporan nesta convocatoria e os centros da convoCatoria 2012 reciben axudas significativas para mellorar os equipamentos necesarios de cara á ofrecer servizos e realizar actividades propias das funcIóns que lle corresponden á biblioteca escolar: apoiar o desenvolvemento dos currículos en todas as áreas de aprendizaxe, formar lectores competentes, espertar o gusto pola lectura en todos os sectores da comunidade educativa (é dicir, servir de recurso fundamental ao desenvolvemento dos Proxectos Lectores de Centro);  contribuír a adquisición de competencias clave para o alumnado, como son a competencia de aprender a aprender ou a competencia mediática e informacional (lectura crítica das linguaxes dos distintos medios de comunicación actuais, pero tamén o uso e produción de información desde unha perspectiva ética). Todas estas funcións están recollidas no artigo 113 da LOE e na normativa curricular vixente. 

ACCESO DIRECTO AO TEXTO DE RESOLUCIÓN

Resolución provisional da convocatoria do Plan de Mellora de bibliotecas escolares 2013/2014

 

O Portal Educativo publicou no día de hoxe, 16 de xullo de 2013, a resolución provisional da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2013/2014, coa relación de centros que se incorporan a este programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Posteriormente, a resolución definitiva será publicada no DOG e incluirá as asignacións destinadas a todos os centros que integrarán o programa no vindeiro curso, unha vez coñecidas as baixas ou renuncias. 

ACCESO Á PUBLICACIÓN NO PORTAL EDUCATIVO

Convocatoria do PLAMBE 2013/2014

Bibliotecas Escolares de GaliciaAcaba de saír publicada no DOG de hoxe, 29/05/2013, a ORDE do 16 de maio de 2013 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o curso 2013/2014.

A través desta orde preténdese apoiar a continuidade do Plan de mellora de bibliotecas escolares mediante a concesión de novas contías aos centros educativos incluídos neste programa en anteriores convocatorioas así como seleccionar 20 novos proxectos para a súa incorporación.

O prazo para a presentación remata nun mes polo que o último día válido para presentar as instancias será o sábado 29 de xuño de 2013.

Acceso á convocatoria

Acceso aos ANEXOS (escribir directamente e imprimir)