Lembramos que a data de presentación da xustificación de gastos e da memoria correspondente ao curso 07/08 remata o 20 de xuño, tal e como aparece recollido no punto oitavo da correspondente orde de convocatoria.
2007/2008
Memoria da biblioteca. Curso 2007/2008
Encontros do PLAMBE en directo
No transcurso dos encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares, 07/08, a celebrar os días 3 e 4 de abril, vaise levar a cabo un pequeno experimento. Imos retransmitir en directo dúas das conferencias previstas. Máis información e acceso directo, neste enlace: http://bega-horadeler.blogspot.com/2008/04/probando-probando.html
Encontros Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares- 2007/2008
Os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 07/08 xa están en marcha: celebraranse os vindeiros 3 e 4 de abril na localidade pontevedresa de Sanxenxo. Alí se reunirán os responsables das bibliotecas escolares de todos os centros incluídos neste programa, co obxectivo de intercambiar informacións e materiais e avanzar na súa formación nos diversos aspectos da dinamización deste importante recurso educativo.
-
Acceso ao Cartel en formato pdf.
Xustificación de gastos 07/08
Documentos para a xustificación de gastos correspondentes ás contías asignadas para o curso 2007/2008. Cómpre lembrar que non se poden trasvasar cartos dunhas partidas para outras, polo que se terán en conta as cantidades correspondentes a cada apartado: fondos, equipos e mobiliario. O prazo de presentación, como a memoria final, remata o 20 DE XUÑO DE 2008
Centros Plan de mellora 2007/2008
Resolución da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2007/2008: