Neste curso 2019/2020 integran o programa Radio na Biblio 80 centros. Durante o primeiro trimeste moitas emisoras iniciaron o seu camiño, tempos de obras, renovación de espazos, busca de nomes, creación de logos, formación de alumnado e profesorado e moito, moito traballo.
Ao tempo, as emisoras veteranas van sistematizando os seus programas, creando novas seccións e aumentado, de xeito moi visible e audible, a calidade do seu traballo.
- CEIP Canosa-Rus (Coristanco-A Coruña): Obradoiro coas Redeiras
- CEIP Carballedo (Cerdedo-Cotobade/Pontevedra): Cast@radio, entrevista a Paola Guimerans tras o taller impartido, Cast@radiómetro
- CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña): Legoalimentos en Emilia na onda
- CEIP da Igrexa-Candeán (Vigo-Pontevedra): Coñecendo a radio...
- CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos-A Coruña): Radio Rosiña, traballo de investigación sobre Ana Frank.
- CEIP Virxe do Carme (Sober-lugo): Día da Nena e a Muller na Ciencia
- CEIP Xosé María Brea Segade (Rianxo-A Coruña): Radio BBS: Gravando!
- CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal-Pontevedra): Todos-as somos iguais
- IES Rafael Dieste (A Coruña): Radiofiestra, inauguración da radio coa entrevista a Pilar Pallarés, Premio Nacional de Poesía 2019.
- IES Valadares (Vigo- Pontevedra): Onda Valadares, deseño do logo, Inauguración da biblioteca
Na imaxe o logo de Radiofiestra do IES Rafael Dieste (A Coruña)