Recursos

Manual de instalación e uso da aplicación Aurasma en formato PDF


Dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares seguimos traballando coas novas tecnoloxías, neste caso achégase a Realidade Aumentada a través da aplicación Aurasma, mediante a canle: bescolares, onde se irá ofrecendo información, de tal xeito que de forma doada, interactiva, atractiva e divertida se poida investigar, indagar e tamén recoller a información compartida.

Para acceder á información ofertada na canle bescolares do programa Aurasma compártese o seguinte documento:

Vídeo explicativo do proceso


Como se pode ver no manual ou no vídeo comentados anteriormente, a primeira información que se pon a disposición pódese atopar enfocando dende o dispositivo móbil coa aplicación Aurasma sobre o cartel da campaña anual (curso 2015/2016) de bibliotecas escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: "Biblioteca escolar, base de exploracións".

Exemplo Realidade Aumentada: CEIP Filomena Dato (Barbadás, Ourense)

CEIP Filomena Dato
Desde o CEIP Filomena Dato achégannos este exemplo de traballo coa RA: Exploramos coa realidade aumentada