Secundaria
Premio dos Clubs de Lectura 2022 para Antía Yáñez
As/os 50 autoras e autores máis lidos polos Clubs de Lectura no curso 2020-2021
Premio dos Clubs de Lectura 2021 para Eva Mejuto
As/os 40 autoras e autores máis lidos polos Clubs de Lectura no curso 2019-2020
IES Luís Seoane (Pontevedra): un centro LÍA.2
IES Valadares, de Vigo (Pontevedra): un centro LÍA.2
Informe Clubs de lectura do curso 2018/2019
Como en anos anteriores, publícase un breve informe sobre as actuacións dos Clubs de lectura que participaron na convocatoria de 208/2019. Esta é unha actividade integrada no programa Hora de Ler que promove a participación de grupos de lectores e lectoras para compartir as asúas experiencias coa lectura coa mediación dunha persoa adulta. Estos clubs considéranse unha das fórmulas de maior interese para o fomento da lectura, en xeral, e entre os adolecentes en particular. O informe foi elaborado a partir dos datos obtidos da valoración das 242 memorias presentadas polos Clubs de lectura que se acolleron á convocatoria anual do curso 2018/2019.
Lembramos, tamén, o estudo realizado por José Antonio Millán sobre os impactos desta iniciativa transcorridos dez anos da primeira convocatoria, no que se inclúe o informe do curso 2017/2018.
Premio dos Clubs de Lectura 2020 para Andrea Maceiras
Co gallo da celebración do Día do Libro, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, da consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, fai pública a Resolución de 23 de abril de 2020 pola que se recoñece a Andrea Maceiras co Premio dos Clubs de Lectura 2020.
No ano 2015 creouse este premio co obxecto de recoñecer cada ano a aqueles autores e autoras que, cos seus libros, axudan á construción de lectoras e lectores nestas etapas da adolescencia e a mocidade que, no ámbito da lectura, están consideradas como etapas de risco de abandono, ao ampliarse o abano de estímulos e intereses. Uns creadores comprometidos coa lingua que achegan a materia prima coa que os clubs de lectura poden contribuír á extensión da lectura en galego. Na resolución de creación do premio contemplábase que “o Premio dos Clubs de Lectura poderá entregarse unha soa vez a un autor ou autora. No caso de que o primeiro creador da relación resultante nun curso xa tivese recibido o premio, este seralle concedido ao autor ou autora seguinte na relación”. Até o momento recibiron este galardón os escritores Agustín Fernández
Paz (2015), Ledicia Costas (2016), Miguelanxo Prado (2017), Carlos Negro
(2018) e María Reimóndez (2019).
Andrea Maceiras é unha das autoras más seguidas polo lectorado infantil e xuvenil galego. A súa última novela, Conta nove estrelas, obtivo o Premio Lazarillo 2018. Na súa web podemos coñecer toda a súa traxectoria e todos os seus libros. Dous dos seus títulos, O que sei do silencio e Europa express están incluídos entre os 50 libros máis lidos nos Clubs de lectura no curso 2018/2019.
Os/as 40 autores e autoras máis lidos polos Clubs de Lectura no curso 2018/2019
Coma en anos anteriores, trala revisión das memorias dos Clubs de lectura correspondente ao curso 2018/2019, e á vista das lecturas realizadas polos diferentes grupos integrados no club de lectura de cada centro participante, pódese coñecer a relación dos 50 títulos máis lidos así como o número de lectura realizadas de cada autor ou autora, tendo en conta as diferentes obras lidas de cada un deles.
Publícase agora a relación dos 40 autores e autoras máis lidos polos clubs de lectura nese período.
X Xornada dos Clubs de lectura: unha década a prol da sociedade lectora.
Até o 2 de xuño está aberto o período de inscrición para os lectores e lectoras, a través dun formulario web posto a disposición do profesorado coordinador, que será quen os acompañe nesta actividade.
Explorando o máis próximo co apoio da biblioteca escolar
Neste novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, chéganos unha nova desde o o IES Miguel Ángel gonzález Estévez, de Carril (Vilagarcía de Arousa), que amosa o resultado dun traballo colaborativo, coa participación de profesorado do Departamento de Ciencias, Bioloxía e Xeoloxía e a Biblioteca Escolar do centro durante o curso 2015/2016. Gústanos saber, ademais, que este traballo do alumnado de 1º de ESO (agora en 2º curso) segue a estela do lema "Biblioteca EScolar, base de exploracións" proposto ás bibliotecas escolares galegas no pasado ano escolar.
O espazo verde do IES Carril é unha "completa guía das 33 especies arbóreas e as 18 especies arbustivas que viven (ou viviron) dentro do recinto escolar do centro desde os seus inicios alá polo ano 1986. Ademáis recolle moi sucintamente a historia deste conxunto botánico e contén un plano coa localización de cada elemento ou grupo descritos. A maiores dunha pormenorizada información de cadansúa especie (que abrangue os nomes correspondentes en galego, castelán, inglés e francés, o nome científico, a etimoloxía da denominación, a toponimia xerada, a orixe e maila historia, e a descrición) ilustrada con fotografías fermosas e moi pertinentes, inclúese un pequeno estudio dos exemplares máis representativos en Galicia e máis a historia particular do exemplar do instituto."
DOCUNAUTAS. IES Xoán Montes (Lugo). Premio II Concurso de Traballos por Proxectos.
Docunautas é o título do proxecto levado a cabo polo alumnado de 1º de ESO do IES Xoán Montes, de Lugo, durante o curso 2014/2015 e que mereceu un dos premios do II Concurso de Traballos por Proxectos, convocado pola Consellería de Cultura, Educación e O.U., na modalidade de "proxectos realizados na materia de 1º de ESO Proxecto Interdisciplinar".
Este proxecto anual, centrado nas expedicións históricas e as persoas que as levaron a cabo tiña tamén como obxectivo axudar o alumnado a desenvolver competencia informacional. A memoria e toda a documentación contida no site específico do Proxecto permiten coñecer en profundidade todo o proceso, as finalidades do mesmo, os contidos traballados e os recursos empregados.
Convocatoria de clubs de lectura. Curso 2015/2016
O Portal Educativo publica hoxe a Convocatoria de 1 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, destinada a incentivar o funcionamento de CLUBS DE LECTURA nos centros públicos, de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universtiaria, que matriculan alumnado de ensino secundario, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial.
Esta iniciativa encádrase no programa para o fomento da lectura nos centros de ensino, Hora de ler, e trata de apoiar ás comunidades educativas no seu empeño por espertar e consolidar o gusto pola lectura entre os seus integrantes: alumnado, profesorado, familias ou persoal non docente. É tamén un apoio á construción da sociedade lectora que precisamos para avanzar como colectividade. O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de outubro de 2015.
ACCESO AO TEXTO DA CONVOCATORIA
Para o envío da documentación en formato dixital á Asesoría, empregar o formulario aquí enlazado.
Na imaxe, alumnado de CPI Dr. López Suárez, de Friol, nunha sesión do club de lectura.
VIII Xornada dos Clubs de Lectura
O venres 5 de xuño reunirá en Compostela ao profesorado que coordina os clubs de lectura presentes en máis de 230 centros educativos que matriculan alumnado de secundaria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial (conservatorios, escolas oficiais de idiomas e ensinanzas de persoas adultas).
Esta VIII Xornada dos Clubs de lectura é unha oportunidade para a profundización en temáticas relacionadas coa lectura e os xéneros literarios, tamén para reflexionar sobre o papel dos clubs de lectura do ámbito educativo na construción da sociedade lectora, así como para intercambiar experiencias e actividades. Este encontro anual dos coordinadores e coordinadoras dos clubs de lectura é un espazo para reflexión conxunta, tamén para a creación e reforzo de vínculos profesionais arredor dos libros, a lectura e, finalmente, a educación.
Esta VIII Xornada será tamén ocasión para entregarlle a Agustín Fernández Paz o Premio dos Clubs de Lectura 2015, tal e como se recolle na resolución do pasado 23 de abril, da D.X. de Centros e RRHH, pola que se establece este premio que se concederá cada ano ao autor ou autora galego que foi lido por un maior número de clubs de lectura no curso inmediatamente anterior. Agustín Fernández Paz recibirá pois este galardón dos lectores e das lectoras, e impartirá a conferencia inaugural da xornada. Acompañarán ao profesorado asistente, así mesmo, o xornalista e crítico literario César Lorenzo Gil, director de Biosbardia, e o escritor e crítico de cine e televisión, Miguel Anxo Fernández, que impartirá a conferencia final. Haberá ocasión para o intercambio de experiencias e a reflexión compartida arredor de diferentes temáticas que ocupan e preocupan ao profesorado que coordina os clubs de lectura nos centros de ensino secundario de Galicia.
Formación de usarios e usuarias no IES Monte das Moas (A Coruña)
Unha nova ferramenta para a formación de alumnado usuario da biblioteca escolar, neste caso desde o IES Monte das Moas de A Coruña.
Formación de usarios e usuarias
Unha das funcións esenciais da biblioteca escolar e dotar o alumnado de recursos suficientes para moverse con fluidez polo mundo da información, e moi especialmente, polas fontes informativas presentes nas bibliotecas e nos repositorios, directorios, etc. dispoñibles a través de Internet. As actividades puntuais son importantes pero son aquelas que se planifican e levan a cabo de forma sistematizada, a través de programas de formación de usuarios, as que poden dar resultados. Velaquí dúas mostras:
1. IES Pedro Floriani (Redondela, Pontevedra): o departamento de Filosofía, xunto coa biblioteca, programan sesións de formación de usuarios para o alumnado de 1º de BAC. Podemos ver os contidos e unha reportaxe fotográfica no seu blogue.
2. IES Universidade Laboral (Culleredo, A Coruña): Imaxes da sesión de formación de usuarios para o alumnado de 1º de Bacharelato, novo no centro.
Xornada técnica sobre a biblioteca escolar na formación profesional.
O vindeiro luns 12 de maio de 2014, o profesorado responsable das bibliotecas dos 19 Centros Integrados de Formación Profesional da Comunidade Autónoma, reuniranse en Santiago de Compostela (CIFP Compostela), nunha xornada técnica que afondará no papel e nas posibilidades que ofrece a biblioteca nos centros que imparten ensinanzas de formación profesional.
Esta actividade, que xorde como proposta desde o programa de bibliotecas escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, como resultado das necesidades observadas, é froito da colaboración entre a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
Durante toda a xornada, os participantes poderán coñecer as experiencias da biblioteca de tres centros (dous galegos e un portugués), así como as experiencias doutros dous centros de ensino secundario, neste caso especificamente no tratamento das competencias informacionais e o fomento da lectura entre o alumnado xove e e as persoas adultas, mediante a fórmula dos clubs de lectura. Haberá, así mesmo, tempo para o debate e a reflexión conxunta, da que se extraerán as pertinentes conclusións.
VI Encontros de Banda Deseñada da Mariña
O IES Perdouro, de Burela, bota a andar os VI Encontros de Banda Deseñada da Mariña, unha cita anual de gran interese para o achegamento do alumnado, e da sociedade en xeral, a textos, personaxes, temáticas e autores significativos do mundo do cómic e a da novela gráfica.
Dentro das actividades destes VI Encontros o centro convoca un Concurso de Banda Deseñada, aberto á participación de persoas interesadas, non profesionais, así como de alumnado de primaria e de secundaria de calquera centro de Galicia. O prazo de presentación de orixinais remata o 4 de maio de 2014.
Formación de usuarios básica (pero esencial)
Vídeo sobre a CDU realizado pola biblioteca do IES A Xunqueira II, de Pontevedra, e empregado nas primeiras sesións de formación de usuarios.
Guía dos colaboradores da biblioteca. IES Rafael Dieste
A lectura na axenda. Un exemplo desde o IES Antón Losada Diéguez (A Estrada)
Este blogue, que leva por título "Africa diversa", pode convertirse nunha referencia para todos os centros que queiran abordar algún tipo de traballo sobre este continente, toda vez que no mesmo se vai recompilando unha boa selección de recursos de todo tipo (vídeos, textos, artigos, outros blogues...), todos destinados a amosar unha visión desprexuizada das xentes e da realidade africanas.
Ler ciencia na biblioteca escolar do IES Eduardo Blanco Amor (Ourense)
LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR on PhotoPeach
A biblioteca do IES Blanco Amor, de Ourense, aproveitou a data do 24 de outubro, Día da Biblioteca, e o cartel editado este curso pola consellería, para estimular a lectura científica entre o seu alumnado e para dar a coñecer á comunidade educativa os recursos informativos que ten á súa disposición. Esta exposición aproveitaba para difundir as posibilidades da biblitoeca escolar, da biblioteca municipal máis próxima así como da biblioteca nodal de Ourense.
Tamén no IES Torrente Ballester, de Pontevedra organizaron unha exposición de materiais relacionados coas ciencias. Ver AQUÍ
Biblioteca escolar e Matemáticas
A colaboración da Biblitoeca Escolar cos distintos departamentos só pode traer beneficios para profesorado e alumnado. Cando a biblioteca está activa, é dicir, cando ten recursos materiais suficientes, un programa de actuacións orientado a cubrir as necesidades da comunidade educativa en materia de lectura e de información, e cando dispón tamén de recursos humanos axeitados ás funcións que realiza, pode exercer plenamente a súa "misión" (IFLA/UNESCO 2000), que é fundamentalmente apoiar o desenvolvemento do proxecto educativo de centro. Un exemplo recente é esta iniciatva da biblioteca "Rosalía de Castro" do IES Pazo da Mercé (As Neves, Pontevedra). Biblioteca e Departamento de Matemáticas propoñen actividades lúdicas relacionadas con esta materia: "XOGANDO COAS MATEMÁTICAS", cunha periodicidade semanal e un concurso final. A primeira actividade AQUÍ.
Esta iniciativa súmase a outras anteriores, de gran interese:
Tamén foron bibliotecas escolares as que realizaron estas seleccións de recursos para este área:
Educación dixita e astronomía: "Con brillo de cometa". Alfabetización informacional, desde o IES de Porto do Son.
Un recurso para a alfabetización informacional, ALFIN, para a formación do alumnado na adquisición da competencia denominada "tratamento da información e competencia dixital" nos actuais currículos. Trátase dunha ferramenta elaborada polo equipo de biblioteca do IES Porto do Son (Porto do Son, A coruña), como resultado dun Seminario Permanente no curso 2012/2013.
Baixo o título: "Con brillo de cometa". Educación dixital e astronomía, ofrécennos un material que serve para iniciar ao alumnado de ensino secundario no mundo das fontes informativas, dos traballos de investigación, e aprenderlles a obter o máximo de rendemento dos recursos informativos existentes na biblioteca ou en internet. Contén múltiples recursos e informacións e pode accederse a través deste enlace (entrar como convidado na aula virtual). Agradecemos a xenerosidade dos seus autores por poñelo a disposición da comunidade educativa.
Convocatoria de Clubs de Lectura 2013/2014
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publicaba o pasado 2 de setembro, no Portal Educativo (e no contexto do programa Hora de ler, para o fomento da lectura en centros de ensino), a convocatoria pola que se incentiva o funcionamento de clubs de lectura en centros de ensino secundario, correspondente ao curso 2013/2014.
Esta iniciativa vai destinada a aqueles centros que matriculan alumnado de ensino secundario, bacharelato, formación profesional (tanto en réxime ordinario como de persoas adultas), ou ensinanzas de réxime especial. Distribuiranse un total de 165.000€ para custear os gastos derivados da actividade do club, fundamentalmente a adquisición de libros que, posteriormente se incorporan aos fondos da biblioteca escolar. (Na imaxe, un grupo de lectura do IES de Melide).
O prazo de presentación de solicitudes, segundo o modelo recollido no anexo I da convocatoria, remata o 11 de outubro de 2013.