Infantil e primaria
Resolución da convocatoria do programa BIBLIOTECA CREATIVA para o curso 2021/2022
CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela): un centro LÍA.2
CEIP de Cervo (Cervo, Lugo): un centro LÍA.2
CEIP de Vilar de Barrio (Vilar de Barrio, Ourense): Un centro LÍA.2
CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra): un centro LÍA.2
CEIP Quintela, de Moaña (Pontevedra): Un centro LÍA.2
CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao, de Vigo: un centros LÍA.2
CEP Xosé María Brea Segade (Taragoña-Rianxo, A Coruña): un centro LÍA.2
Resolución BIBLIOTECA CREATIVA 2020/21
O Portal Educativo publica a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 14 de outubro de 2020, pola que se resolve a convocatoria do programa BIBLIOTECA CREATIVA correspondente ao curso 2020/21. Incorpóranse 25 novos centros e publícanse as asignacións que recibirán os 77 centros que presentaron a súa solicitude de continuidade neste proxecto. En total, son 102 centros PLAMBE os que participan nesta iniciativa destinada a apoiar a cultura da experimentación, a creación e a investigación en espazos creativos e cooperativos no seo da biblioteca escolar.
Os espazos creativos ou espazos maker creados nestas bibliotecas son bos exemplos da evolución que pode vivir unha biblioteca escolar que acolle os multialfabetismos e atende as necesidades da comunidade escolar, ofertando oportunidades para as aprendizaxes a modo de laboratorio de creación e experimentación.
Profesorado integrante dos equipos de biblioteca destes centros participarán nunhas xornadas mixtas (modo presencial/telemático) que se celebrarán os vindeiros 26 e 27 de outubro na Cidade da Cultura e do que xa se pode adiantar un programa.
Materiais para o Espazo Creativo da Biblioteca
Dentro do contexto actual de alfabetizacións múltiples e de modelo evolucionado de biblioteca, no ano 2016 deséñase o proxecto piloto "Escornabots na biblioteca escolar". No ano 2018, o proxecto muda de nome para responder á nova realidade das bibliotecas implicadas, pasando a chamarse "Biblioteca Creativa". Falamos de espazos cooperativos que contemplan todo tipo de linguaxes e posibilitan ao alumnado múltiples oportunidades de aprendizaxe, de expresión e de creación.
Achégase un documento de apoio cunha selección de materiais e recursos para conformar este espazo. Cada biblioteca debe escoller os máis axeitados ao espazo dispoñible, á idade do alumnado e ás prácticas que interesa incentivar. Os materiais deben ir acompañados da bibliografía que apoie e optimice o seu uso.
O vídeo presenta unha selección de imaxes de materias e espazos de bibliotecas escolares de Galicia.
- As bibliotecas escolares: lugares para a exploración e a experimentación (Cristina Novoa-Eduga)
- Pinterest Biblioteca Creativa
- Actividades Biblioteca Creativa
Bibliotecas LÍA.2, entrega 1: EEI Barrionovo (Arteixo)
"Espazo fedelleiro", ou cando a biblioteca avanza cara un "centro creativo das aprendizaxes".
Proxecto Escornabots na biblioteca escolar - 2017
O Portal Educativo publica a Resolución de 17 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o Proxecto Escornabots na biblioteca escolar para o ano 2017, no contexto do Plan LÍA 2016/2020. Esta iniciativa, que botou a andar no ano 2016, ten dados excelentes resultados nos 20 centros integrados até o momento no proxecto piloto (En breve, difundirase o informe de valoración cos resultados do primeiro ano do programa).
Poderán participar os centros públicos, de titularidade da consellería, ntegrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares no presente curso 2016/2017 e, así mesmo, poderán solicitar a súa continuidade os centros xa integrados. Seleccionaranse un total de 20 centros de nova incorporación entre as solicitudes presentadas. Para a selección terase en conta a valoración acadada na memoria PLAMBE do curso 2015/2016 (ou proxecto, no caso dos centros novos no PLAMBE). Terán prioridade, en igualdade de condicións, os centros situados en concellos de ámbito rural. A participación neste programa conleva un compromiso de participación nas actividades formativas previstas na convocatoria. O prazo de presentación de solicitudes remata o 27 de abril.
CEIP do Foxo: Maqueta para o Escornabot dos persoeiros do CEIP do Foxo
Dende o CEIP o Foxo achégannos a actividade que están a desenvolver na Biblioteca "Xosé Neira Vilas" cos escornabots:
CPI de Mondariz: O escornabot diferenciando palabras
Dende o CPI de Mondariz achéganos o traballo: "O noso escornabot axudándo ao mestre de AL a diferenciar palabras con sons |ch, ll, ñ|"
CEIP de Rubiáns: Robótica na biblioteca
Ao fío do Proxecto "Escornabots na biblioteca escolar" o CEIP de Rubiáns achéganos o traballo que están a desenvolver coa robótica na biblioteca: http://bibliotecarubians.blogspot.com.es/2017/03/robotica-na-biblioteca.html
CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña: TODOS SOMOS MAKER! Obradoiros maker internivel
Dende o CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña achégannos unha experiencia internivel innovadora dentro do Proxecto "Escornabots na biblioteca escolar": Obradoiros maker internivel.
"Como todos somos maker e neste cole nos encanta mezclarnos @s peques c@s maiores, organizamos uns obradoiros maker internivel. Mezclados por idades, dende os 3 aos 12 anos, pasamos unha divertida e interesante xornada, na que ademais de aprender, ampliamos as nosas posiblidades de xogo no recanto maker.
Os obradoiros elexidos foron 6, 4 relacionados cos escornabots e a programación, onde puxemos a proba aspectos matemáticos e creatividade. Un de littleBits, onde animamos ao Mago Fuco, e outro no que fixemos un proxecto maker que puidemos elaborar con material do máis cotiá, unha man robótica. Porque para ser maker non fai falta gran cousa, so moita imaxinación e creatividade."
CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña: Recanto maker
- http://abibliodefuco.blogspot.com.es/2016/11/escornabots-as-colaboradoras-montan-os.html
- http://abibliodefuco.blogspot.com.es/2017/01/chega-o-rei-apalpanoel.html
- http://abibliodefuco.blogspot.com.es/2017/01/montamos-o-moble-do-recanto-maker.html
- http://abibliodefuco.blogspot.com.es/2017/02/recanto-maker-listo.html
- http://abibliodefuco.blogspot.com.es/2017/02/presentacion-do-recanto-maker.html
- http://abibliodefuco.blogspot.com.es/2017/03/escornabots-little-bits-recanto-maker.html
- http://abibliodefuco.blogspot.com.es/2017/03/todos-somos-maker-obradoiros-maker.html
CEIP de Rebordáns: Entroidobot
Despois dun traballo de investigación na Biblioteca e na clase descubrimos o entroido de Galicia xogando co noso Escorni.
Sorry, flash is not available.
EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña): Seguimos traballando cos Escornabots, as familias e impresión 3D
E seguimos traballando cos Escornabots na aula:
Novas experiencias do EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña) cos Escornabots e as familias
Aprendizaxe por descubrimento, ou como facer andar ao escornabot
Andan xa os escornabots nas mans de nenas e nenos dando os seus primeiros pasos. Desde a biblioteca do CEIP do Foxo (A Estrada), achégannos varios vídeos a través dos que podemos coñecer os avances das nenas e nenos de infantil no seu trato co pequeno robot, así como un exemplo de utilización como "axudante" de biblioteca:
Outros vídeos de interese:
OUTRAS EXPERIENCIAS:
- CEIP Canosa Rus (Coristanco): Coñecendo os Escornabots
- CEIP Canosa Rus (Coristanco): Exposición sobre robótica. Recuncho "Faino ti mesmo"
- EEI Barrionovo (Arteixo): Letras e Arte Galego co Escornabot
- EEI Barrionovo (Arteixo): Os escornabots diverXos (exemplos de utilización na aula de A.L.)
- CEIP Serra-Vincios (Gondomar): Poñemos en marcha os traballos con Escornabots - Montamos un Escornabot (documentación)- Formación de usuarios
- CEIP de Cervo (Cervo): Didáctica cos Escornabots - Para saber máis sobre robots
- CEIP do Foxo (A Estrada): Montaxe do Escornabot
- CEIP Virxe do Carme (Sober): Montaxe dun Escornabot
- CPI Suárez Marquier (O Rosal): Escornabots na biblioteca escolar
- CEIP Saco e Arce (Toén): Escornabots na biblioteca escolar
- CEP Xosé María Brea Segade (Rianxo): Escornabots e normas da BBS
- CPI Plurilingüe dos Dices (Rois): Montaxe do Escornabot
- CEIP de Carballedo (Cotobade): Escornabots (varios) - Xogamos cos escornabots
- CEIP A Lama ( A Lama): Como montamos os escornabots
- CPI de Mondariz ( Mondariz): Montaxe dos escornabots
- CEIP de Rebordáns (Tui): O barrio escornabótico de Xián
Os Escornabots camiñan xa polas bibliotecas escolares
Voluntariado de lectura-A, 2015/2016. Centros seleccionados para as Xornadas de convivencia
O Portal Educativo publicou recentemente a Resolución da D.X. de Centros e Recursos Humanos, de 6 de maio de 2016, pola que se resolve a convocatoria de Voluntariado de lectura-A correspondente ao curso 2015/2016, unha iniciativa integrada no programa Bibliotecas Escolares Solidarias. Recibidas as memorias de actividades do alumnado voluntario na biblioteca escolar durante o presente curso, a comisión de valoración prevista na convocatoria acordou seleccionar catro centros de entre os inscritos nesta iniciativa, co fin de que unha representación do seu alumnado voluntario participe nas Xornadas de convivencia do Voluntariado de Lectura, a celebrar do 24 ao 27 de maio no Centro Residencial Docente da Coruña (Culleredo). Ao renunciar o único centro inscrito da provincia de Ourense, acordouse escoller un centro máis da provincia con maior porcentaxe de participación:
- CEIP Ricardo Tobío (Muros, A Coruña)
- CEIP Ramón Falcón (Castro de Rei, Lugo)
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra)
- CEIP Sobreira-Valadares (Vigo, Pontevedra)
Proxecto piloto " Escornabots na biblioteca escolar". Convocatoria.
O Portal Educativo publica hoxe a Convocatoria do 8 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos referida ao proxecto piloto "ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA ESCOLAR", unha iniciativa incluída no Plan LÍA de Bibliotecas Escolares que está destinada aos centros de infantil e primaria que están integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares no presente curso 2015/2016.
As bibliotecas en xeral, tamén as escolares, están a vivir importantes transformacións e unha das máis importantes e a de acoller todo tipo de actividades nas que as persoas usuarias (neste caso, alumnado, profesorado e familias) poden atoparse para pensar, deseñar, facer, construír e aprender xuntas, na liña dos makerspaces ou dos laboratorios de ideas.
Na actualidade, as bibliotecas escolares contemplan todo tipo de linguaxes (oral, escrito, icónico, audiovisual, artístico...) e posibilitan ao alumnado múltiples oportunidades de aprendizaxe, de expresión e de creación. Neste contexto de alfabetización múltiple encádrase a presente iniciativa, destinada a introducir nas bibliotecas escolares unha nova linguaxe, a linguaxe de programación, e impulsar a utilización de pequenos robots en actividades destinadas a mellorar a comunicación lingüística do alumnado, a expresión oral, a creatividade, o traballo colaborativo, a investigación, a aprendizaxe manipulativa e o xogo.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de abril de 2016.