Biblioteca Creativa 2022/2023

Materiais da Xornada de Biblioteca Creativa 2022/2023

 
 

 
 
 
 
 
 
 O pasado 10 de febreiro celebrouse, na EGAP en Santiago de Compostela, a Xornada de Formación de Biblioteca Creativa 2022/2023. 
 
Nesta xornada, os 148 centros que integran oprograma compartiron experiencias que son bos exemplos da evolución que pode vivir unha biblioteca escolar que acolle todo tipo de linguaxes (oral, escrita, icónica, audiovisual, artística...) e posibilita á comunidade educativa múltiples oportunidades de aprendizaxe, expresión e creación.
 
No enlace que adxuntamos a redeBE podedes viaxar por estos espazos de expresión e autonomía a través das experiencias dos centros, coñecer a Medialab-Tabakalera, un espazo de creación e laboratorios cidadáns e achegarse aos obradoiros de escornabots, impresión 3D, creatividade, creación audiovisual,  caligrafía e videoxogo.
 
 
 

Xornada Biblioteca Creativa 2022/23

 
 
O 10 de febreiro de 2023 celebrarase na EGAP a Xornada de Biblioteca Creativa que reunirá ás 148 persoas coordinadoras deste programa nas súas bibliotecas. Inaugurará a xornada Arantza Mariskal de Medialab-Tabakalera falando da biblioteca de creación e os laboratorios cidadáns e continuará con obradoiros simultáneos de escornabots, impresión 3D, prototipado, escrita creativa, narrativa transmedia, creación e creación audiovisual. Pecharán coas experiencias de tres centros que falarán da transformación dos espazos, recursos e dinamización de actividades.
 
 



  • #XBC23 

Resolución definitiva do Programa Biblioteca Creativa para o curso 2022/23

 

 
 
 
Portal Educativo publica a Resolución definitiva da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa coa relación dos 25 centros que se incorporan ao Programa Biblioteca Creativa no presente curso 2022/23, así como a relación de centros de continuidade e as asignacións económicas correspondentes.
 

  • PUBLICACIÓN NO PORTAL EDUCATIVO

Resolución provisional do programa Biblioteca Creativa para o curso 2022/2023

 

 
 
 
 O Portal Educativo publica a Resolución provisional da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, de 21 de novembro de 2022, coa relación dos 25 novos centros que se integran no programa Biblioteca Creativa no presente curso 2022/23, así como as asignacións que recibirán os  centros que presentaron a súa solicitude de continuidade neste proxecto. 
 
Ábrese un prazo de cinco días naturais para a presentación de alegacións ou renuncias no seu caso.