Está xa publicada no Portal Educativo a resolución do VIII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS realizados durante o curso 2021/2022 baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar.
Seleccionáronse 20 traballos de entre os 55 presentados desde diferentes centros. Algunhas sub-modalidades ficaron desertas pero distribuíronse os premios dispoñibles seleccionando máis centros de modalidades con moita participación e alto nivel de calidade.
Este concurso busca estimular, mediante o recoñecemento de boas prácticas, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación da biblioteca ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ABP). Estos proxectos están propiciando profundos cambios nas dinámicas de traballo dos centros, nos usos dos espazos educativos, na distribución de horarios e grupos, no aproveitamento dos recursos, promovendo unha cultura participativa e colaborativa, emancipadora do alumnado. Parabenizamos ás comunidades educativas que botan a andar estas experiencias, e ao profesorado que as impulsa, deseña, guía, enriquece coa súa profesionalidade e experiencia, e ademáis as difunde e comparte para beneficio común. Existen tamén excelentes exemplos de prácticas de investigación nas modalidades de grupo/nivel ou ciclo/departamento, que poden servir de orientación para outros proxectos. Da mesma forma, os proxectos de investigación intercentros son unha práctica que cómpre estender e que pode dar lugar a experiencias educativas moi enriquecedoras.
Na imaxe proptotipo do proxecto "Outes Sostible. Cidadás do presente para o futuro." do CEIP P. de Outes
Modalidade | Centros seleccionados | Concello | Provincia | Proxecto |
1. Proxectos Documentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar | CEIP Emilia Pardo Bazán | A Coruña | A Coruña | Mergúllate! |
CEIP Canosa-Rus | Coristanco | A Coruña | Ilusionarte | |
CEIP dos Muíños | Muxía | A Coruña | E ti que pintas? | |
CEIP P. de Outes | Outes | A Coruña | OUTES SOSTIBLE. Cidadás do presente para o futuro | |
IES Arcebispo Xelmirez I | Santiago de Compostela | A Coruña | Tecendo Identidades | |
CEIP de Cervo | Cervo | Lugo | Mens sana in corpore sano | |
CEIP P. de Carballedo | Cerdedo/Cotobade | Pontevedra | O ano de Galicia | |
CEIP P. Meaño-As Covas | Meaño | Pontevedra | Dende Meaño | |
CEIP Virxe do Rocío | Vigo | Pontevedra | Alén do Resío | |
2.a. Proxectos de investigación grupo/nivel | IES Brión | Brión | A Coruña | Coñécelas? 10 escritoras imprescindibles |
EEI San Roque | Viveiro | Lugo | Emocionámonos | |
CEIP A Lama | A Lama | Pontevedra | Algunhas árbores, moitos paxaros | |
2.b. Proxectos de investigación ciclo/departamento | IES Celanova Celso Emilio Ferreiro | Celanova | Pontevedra | Música no Mosteiro |
CEIP San Tomé | Cambados | Pontevedra | Pasiño a pasiño, faise o camiño | |
2.c. Proxectos realizados na materia de 1º/2º da ESO "I.T.I."ou noutras materias equivalentes en ESO ou primaria | CEIP Milladoiro | Malpica de Bergantiños | A Coruña | NÓS: patrimonio in-MATERIAL! |
IES Xoán Montes | Lugo | Lugo | FORMU-LAND-22 | |
IES Pino Manso | O Porriño | Pontevedra | De viaxe polo entroido tradicional galego | |
3. Proxectos de investigación intercentros | CEIP de Galán | Arteixo | A Coruña | Martiño e Testa: unha viaxe espaecial |
CRA de Culleredo | Culleredo | A Coruña | Martiño e Testa: unha viaxe espaecial | |
4. Proxectos realizados con metodoloxía científica | IES Perdouro | Burela | Lugo | Construbot_Comeza a partida! |