Desde o CEIP Milladoiro de Malpica achégannos esta biografía de Cleopatra elaborada polo alumnado do curso de 3ºA de primaria para o kamishibai, traballo elaborado para a conmemoración do Día da Muller - 8 de marzo. |
Contos
Biografía de Cleopatra para Kamishibai
Contacontos na biblioteca do CEIP Manuel Vidal Portela
Recibimos do CEIP Manuel Vidal Portela este proxecto de traballo para o kamishibai onde os nenos de atención educativa traballan durante todo o ano preparando as ilustracións, os textos, grabando o audio e realizando a montaxe do vídeo coa música correspondente. Finalmente publican todo este traballo no seu blog da biblioteca e tamén vos deixmos aquí unha mostra do mesmo.
Kamishibai no Día do Libro. CEIP Frián-Teis
Hänsel e Gretel, dos Irmáns Grimm, en versión para kamishibai
A castañeira
A Castañeira, unha versión para kamishibai do conto "A castañeira" de Ana Rey, en LIM. Segundo nos conta a responsable da biblioteca, "os nenos de infantil 5 anos escribiron e ilustraron a historia, combinando as páxinas para que coincidiran os textos lidos coa ilustración amosada. Un exercicio lingüístico matemático, no que se poñen en xogo destrezas e habilidades."
Un par de achegas: O conto da lavandeira e Carapuchiña Vermella
Desde o CEIP Frián-Teis fannos partícipes da súa experiencia levada a cabo este curso 2012-2013 coa técnica do kamishibai que empregaron co alumnado de 1º curso.
As actividades realizadas foron dúas:
"O conto da lavandeira", recuperado da tradición oral a través do pai da xefa de estudios do centro, "un pozo de sabedoría".
O segundo conto foi o de Carrapuchiña Vermella que, como nos comentan "resultou unha sorpresa moi entrañable. Foi a ocasión de descubrir que un dos nosos alumnos favoritos (é autista) sabe ler. E non só iso, animouse a facelo el so en público. Aínda que só sexa por iso, realmente pagou a pena". E tanto que si.
Conto: O galo e o raposo
Desde o CPI Luís Díaz Moreno, de Baralla (Lugo) enviaranos xa hai un tempo este material para o kamishibai, con esta aclaración:
Preséntovos un novo traballo para o kamishibai.Trátase dun conto: "O galo e o raposo". A verdade que o teatriño funciona moi ben con grupos pequenos. O alumnado presta moita atención. Paséillelo tamén ao alumnado de 1º e 2º de ESO a ver se se animaban a elaborar eles algo. O conto, igual que o anterior "O lobo e a ovella" preparámolo o equipo de biblioteca. A ver se no 3º trimestre facemos outro. Déixovos ligazón.
http://bibliobaralla.blogspot.com.es/search/label/PDI
Sete ratos cegos
As nenas e nenos de 6º curso do CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro, Lugo), elaboraron para o kamishibai esta adaptación do conto de Ed Young, Sete ratos cegos, con versión en galego e inglés, e agora van polas outras aulas para lela. Un exemplo de uso do teatriño xaponés.