Desde a EEI de Barrioinovo (Arteixo), chéganos este vídeo no que podemos ver o emprego do kamishibai por parte do alumnado de infantil para poñer en escena un conto, nesta ocasión "Don caballito de mar" de Eric Carle.
Vídeos
Don Cabaliño de Mar. Crónica de como os nenos e nenas de Infantil4 empregan o kamishibai para contar un conto
O kamishibai como instrumento para presentar os traballos de investigación
Desde o CEIP Condesa de Fenosa, de O Barco, chégannos estes dous vídeos que serven para amosar as posibilidades do teatriño xaponés á hora de que os nenos e nenas poidan presentar os seus traballos a outros compañeiros do centro.
O kamishibai para contar un conto
NO CEIP Curros Enríquez de Celanova tamén empregan o kamishibai para contar contos. Aquí vemos a sesiónlevada a cabo na biblioteca do centro para celebrar o Día da biblioteca, no pasado mes de outubro.
Cincenta
Versión en galego para kamishibai do conto de Cincenta, segundo o relato dos Irmáns Grimm, realizada polas nenas e nenos de 5ºA do CEIP Milladoiro, de Malpica, no curso 2011/2012, cando empezaban a empregar este recurso nas aulas.
O ladrón de palabras. CPI Manuel Suárez Marquier
As nenas e nenos de 4º A de Primaria e 1º B de ESO do CPI Manuel Suárez Marquier, de O Rosal contribuíron á celebración do Día do Libro con esta adaptación da historia "El ladrón de palabras" de Nathaline Minne, para o kamishibai.
Velaquí vemos a súa representación.
Obradoiro de kamishibai
Neste vídeo vemos algunhas iimaxes do obradoiro sobre kamishibai que impartiu o equipo de biblioteca aos nenos e nenas de 3º curso do CEIP Emmilia Pardo Bazán, de Vigo:
KAMISHIBAI na Biblioteca do Chouzo on PhotoPeach
Por que hai tantas pedras no fondo dos ríos?
Desde o CEIP Nosa Señora de Xuvencos, de Boborás (Ourense) chéganos este vídeo coa representación do conto Por que hai tantas pedras no fondo dos ríos?, nas voces do alumbado. Segundo explica o responsable da biblioteca:
Como tiñamos 15 narradores e se facía moi complicado polos a todos detrás do kamishibai, fixemos primeiro unha gravación das voces co Audacity e despois representamos o teatrillo co son das súas voces... a verdade é que foi unha experiencia interesante, tanto na preparación como na posta en escena..