Materiais centros

CPR Plurilingüe Valle Inclán I

Dende o CPR Plurilingüe Valle Inclán I achégannos a actividade que están a desenvolver na "BIBLIOTECA DO VALLE" co Kamishibai:

TUNEANDO O KAMISHIBAI KAMISHIBAI DE CARVALHO CALERO
kamishibai
A GALIÑA AZUL DE CARLOS CASARES QUE CONTAN AS OVELLAS PARA DURMIR?
kamishibai kamishibai

Biografía de Cleopatra para Kamishibai

Biografía de Cleopatra (PDF)

Desde o CEIP Milladoiro de Malpica achégannos esta biografía de Cleopatra elaborada polo alumnado do curso de 3ºA de primaria para o kamishibai, traballo elaborado para a conmemoración do Día da Muller - 8 de marzo.

Contacontos na biblioteca do CEIP Manuel Vidal Portela

Recibimos do CEIP Manuel Vidal Portela este proxecto de traballo para o kamishibai onde os nenos de atención educativa traballan durante todo o ano preparando as ilustracións, os textos, grabando o audio e realizando a montaxe do vídeo coa música correspondente. Finalmente publican todo este traballo no seu blog da biblioteca e tamén vos deixmos aquí unha mostra do mesmo.



O Rainbow Warrior, en versión para kamishibai. CEIP Frián-Teis


As nenas e nenos de 1º B do CEIP Frián- Teis, contan a historia do Rainbow Warrior aos seus compañeiros de 4º curso, co gallo do Día do Libro. 

Kamishibai no Día do Libro. CEIP Frián-Teis


Conto "O pescador e a súa muller", en versión para kamishibai das nenas e nenos de 1º A do CEIP Frián-Teis, de Vigo 

Hänsel e Gretel, dos Irmáns Grimm, en versión para kamishibai


Adaptacion do conto dos Irmáns Grimm, a partir da versión "A casiña de chocolate" publicada pola editorial Galaxia, con ilustracións realizadas polo alumnado de 1º B do CEIP A Gándara (Monforte de Lemos), para kamishibai.  

Avanzando no coñecemento do kamishibai

 

Desde o IES de Poio chéganos noticia dun "obradoiro de kamishibai" celebrado na semana do Libro Infantil, a comezos de abril, impartido por RIU e SUEVIA SOBRAL, a propósito do conto "O meu marabilloso sombreiro", ilustrado e traducido pola propio suevia. Nesta entrada do blogue da biblioteca, podemos ver este esquema que representa as instrucións para realizar un conto en kamishibai

A castañeira


A Castañeira, unha versión para kamishibai do conto "A castañeira" de Ana Rey, en LIM. Segundo nos conta a responsable da biblioteca, "os nenos de infantil 5 anos escribiron e ilustraron a historia, combinando as páxinas para que coincidiran os textos lidos coa ilustración amosada. Un exercicio lingüístico matemático, no que se poñen en xogo destrezas e habilidades."

Don Cabaliño de Mar. Crónica de como os nenos e nenas de Infantil4 empregan o kamishibai para contar un conto


Desde a EEI de Barrioinovo (Arteixo), chéganos este vídeo no que podemos ver o emprego do kamishibai por parte do alumnado de infantil para poñer en escena un conto, nesta ocasión "Don caballito de mar" de Eric Carle.

O kamishibai como instrumento para presentar os traballos de investigación

Desde o CEIP Condesa de Fenosa, de O Barco, chégannos estes dous vídeos que serven para amosar as posibilidades do teatriño xaponés á hora de que os nenos e nenas poidan presentar os seus traballos a outros compañeiros do centro.

 



O kamishibai para contar un conto


NO CEIP Curros Enríquez de Celanova tamén empregan o kamishibai para contar contos. Aquí vemos a sesiónlevada a cabo na biblioteca do centro para celebrar o Día da biblioteca, no pasado mes de outubro.

Un par de achegas: O conto da lavandeira e Carapuchiña Vermella

Desde o CEIP Frián-Teis fannos partícipes da súa experiencia levada a cabo este curso 2012-2013 coa técnica do kamishibai que empregaron co alumnado de 1º curso.

As actividades realizadas foron dúas:

"O conto da lavandeira", recuperado da tradición oral a través do pai da xefa de estudios do centro, "un pozo de sabedoría".

O segundo conto foi o de Carrapuchiña Vermella que, como nos comentan "resultou unha sorpresa moi entrañable. Foi a ocasión de descubrir que un dos nosos alumnos favoritos (é autista) sabe ler. E non só iso, animouse a facelo el so en público. Aínda que só sexa por iso, realmente pagou a pena". E tanto que si.

 

Presentación para kamishibai sobre a vida de Marie Curie

 

 

As nenas e nenos do CEIP Milladoiro, de Malpica, empregan o kamishibai tamén para as súas presentacións sobre as investigacións que van realizando. Aquí comparten connosco dous arquivos, un coas imaxes e outro cos textos que irían no reverso das tarxetas do kamishibai, para a súa correcta lectura:

Cincenta


Versión en galego para kamishibai do conto de Cincenta, segundo o relato dos Irmáns Grimm, realizada polas nenas e nenos de 5ºA do CEIP Milladoiro, de Malpica, no curso 2011/2012, cando empezaban a empregar este recurso nas aulas.

O ladrón de palabras. CPI Manuel Suárez Marquier


As nenas e nenos de 4º A de Primaria e 1º B de ESO do CPI Manuel Suárez Marquier, de O Rosal contribuíron á celebración do Día do Libro con esta adaptación da historia "El ladrón de palabras" de Nathaline Minne, para o kamishibai.
Velaquí vemos a súa representación.

Conto: O galo e o raposo

Desde o CPI Luís Díaz Moreno, de Baralla (Lugo) enviaranos xa hai un tempo este material para o kamishibai, con esta aclaración:

Preséntovos un novo traballo para o kamishibai.Trátase dun conto: "O galo e o raposo". A verdade que o teatriño funciona moi ben con grupos pequenos. O alumnado presta moita atención. Paséillelo tamén ao alumnado de 1º e 2º de ESO a ver se se animaban a elaborar eles algo. O conto, igual que o anterior "O lobo e a ovella" preparámolo o equipo de biblioteca. A ver se no 3º trimestre facemos outro. Déixovos ligazón.
http://bibliobaralla.blogspot.com.es/search/label/PDI

Obradoiro de kamishibai

Neste vídeo vemos algunhas iimaxes do obradoiro sobre kamishibai que impartiu o equipo de biblioteca aos nenos e nenas de 3º curso do CEIP Emmilia Pardo Bazán, de Vigo:

KAMISHIBAI na Biblioteca do Chouzo on PhotoPeach

Por que hai tantas pedras no fondo dos ríos?

Desde o CEIP Nosa Señora de Xuvencos, de Boborás (Ourense) chéganos este vídeo coa representación do conto Por que hai tantas pedras no fondo dos ríos?, nas voces do alumbado. Segundo explica o responsable da biblioteca:

Como tiñamos 15 narradores e se facía moi complicado polos a todos detrás do kamishibai, fixemos primeiro unha gravación das voces co Audacity e despois representamos o teatrillo co son das súas voces... a verdade é que foi unha experiencia interesante, tanto na preparación como na posta en escena..

 


romance: La niña baldada, versión para o kamishibai

Outra produción para o kamishibai desde o CEP Lois tobío, de Viveiro. Nesta ocasión, os mozos e mozas de 6º de primaria ilustraron o romance "La niña baldada", que len, recitan ou cantan. Parabéns!

As froitas na escola. CEO Lois Tobío (Viveiro)

Presentación - conto das nenas e nenos de 3º do CEP Lois Tobío, de Viveiro (Lugo), unha creación propia para o kamishibai, incluída no proxecto de alimentación saudable.


Sete ratos cegos

As nenas e nenos de 6º curso do CEIP Plurilingüe de Covas (Viveiro, Lugo), elaboraron para o kamishibai esta adaptación do conto de Ed Young, Sete ratos cegos, con versión en galego e inglés, e agora van polas outras aulas para lela. Un exemplo de uso do teatriño xaponés.