A biblioteca Fiz Vergara Vilariño, do IES GREGORIO FERNÁNDEZ de Sarria (Lugo) programa un conxunto de actividades de diverso cariz para o día 25 de novembro, destinadas á sensibilizar aos distintos membros da comunidade educativa en relación coa violencia de xénero. Educación en valores desde a biblioteca escolar. Actividades que informan, chaman á participación, á reflexión e á actuación. Agradecemos a Raquel Arias, a responsable e coordinadora do equipo de biblioteca, o envío destes materiais cos que iniciamos esta sección.