O Portal Educativo publica hoxe a relación de centros inscritos na iniciativa denominada "Voluntariado de lectura - A", da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, destinada a recoñecer o traballo do alumnado do 3º Ciclo de Primaria que participa ns grupos de colaboradores de biblioteca do seu centro, e noutras actividades de lectura compartida, dentro ou fóra do centro. Os centros participantes enviarán memoria das actividades realizadas antes do 30 de abril de 2014. |
Banco de experiencias
Centros inscritos na inicitiva "Voluntariado de Lectura - A"
A lectura na axenda. Un exemplo desde o IES Antón Losada Diéguez (A Estrada)
Este blogue, que leva por título "Africa diversa", pode convertirse nunha referencia para todos os centros que queiran abordar algún tipo de traballo sobre este continente, toda vez que no mesmo se vai recompilando unha boa selección de recursos de todo tipo (vídeos, textos, artigos, outros blogues...), todos destinados a amosar unha visión desprexuizada das xentes e da realidade africanas.
O kamishibai como instrumento para presentar os traballos de investigación
Desde o CEIP Condesa de Fenosa, de O Barco, chégannos estes dous vídeos que serven para amosar as posibilidades do teatriño xaponés á hora de que os nenos e nenas poidan presentar os seus traballos a outros compañeiros do centro.
Ler ciencia na biblioteca escolar do IES Eduardo Blanco Amor (Ourense)
LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR on PhotoPeach
A biblioteca do IES Blanco Amor, de Ourense, aproveitou a data do 24 de outubro, Día da Biblioteca, e o cartel editado este curso pola consellería, para estimular a lectura científica entre o seu alumnado e para dar a coñecer á comunidade educativa os recursos informativos que ten á súa disposición. Esta exposición aproveitaba para difundir as posibilidades da biblitoeca escolar, da biblioteca municipal máis próxima así como da biblioteca nodal de Ourense.
Tamén no IES Torrente Ballester, de Pontevedra organizaron unha exposición de materiais relacionados coas ciencias. Ver AQUÍ
Biblioteca escolar e Matemáticas
A colaboración da Biblitoeca Escolar cos distintos departamentos só pode traer beneficios para profesorado e alumnado. Cando a biblioteca está activa, é dicir, cando ten recursos materiais suficientes, un programa de actuacións orientado a cubrir as necesidades da comunidade educativa en materia de lectura e de información, e cando dispón tamén de recursos humanos axeitados ás funcións que realiza, pode exercer plenamente a súa "misión" (IFLA/UNESCO 2000), que é fundamentalmente apoiar o desenvolvemento do proxecto educativo de centro. Un exemplo recente é esta iniciatva da biblioteca "Rosalía de Castro" do IES Pazo da Mercé (As Neves, Pontevedra). Biblioteca e Departamento de Matemáticas propoñen actividades lúdicas relacionadas con esta materia: "XOGANDO COAS MATEMÁTICAS", cunha periodicidade semanal e un concurso final. A primeira actividade AQUÍ.
Esta iniciativa súmase a outras anteriores, de gran interese:
Tamén foron bibliotecas escolares as que realizaron estas seleccións de recursos para este área:
Espazo de "lecturas compartidas" no CEIP de Andrade
Segundo van cobrando vida, as bibliotecas escolares van creando novos espazos e atopando novas funcións que cubrir. Atender a todos os sectores da comunidade educativa significa poñer atención ás súas necesidades e ás súas formas de relación con respecto á lectura. Velaquí o novo espazo creado pola biblioteca do CEIP de Andrade (Pontedeume, A Coruña), destinado ao intercambio de libros entre os adultos da súa comunidade e que chamaron acertadamente "Lecturas Compartidas". A disposición das cadeiras chama ao encontro e á conversa, tan necesarios.
Esta iniciativa súmase a outras anteriores nas que os centros recuperan pequenos espazos como "seccións" da biblioteca especialmente destinadas a pais e nais. En definitiva, trátase de abrir a biblioteca a todos os axentes que interveñen na formación dos pequenos lectores, pero que tamén queren vivir experiencias lectoras persoais e novidosas, en contacto con outros.
Boas prácticas en bibliotecas escolares: outubro, mes da biblioteca escolar - 9
CEIP Quintela (Moaña, Pontevedra) from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
Semana da prensa nas bibliotecas escolares
O calendario escolar para o curso 2012/2013 contempla a celebración dunha "Semana da Prensa" na semana do 11 ao 15 de marzo. Velaquí algúns materiais e propostas desde algunhas bibliotecas escolares, a modo de exemplo:
- CPIda Cañiza (A Cañiza,Pontevedra): Semana da Prensa
- CEIP de Cespón (Boiro, A Coruña): LIM para a Semana da Prensa (en colab. co CEIP Pilar Maestú Sierra, de A Pobra do Caramiña)
- CEIP Manuel Cordo Boullosa (Ponte Caldelas): Semana da Prensa na Escola
- CEIP Mestres Goldar (Vigo): Recursos para a Semana da Prensa
- IES Lucus Augusti (Lugo): Semana da prensa 2013
8 de marzo: Día Internacional da Muller
O calendario civil continúa o seu andar e xa está chamando á porta o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, unha das datas claves para avanzar na educación para igualdade, na formación de cidadáns e cidadás na procura dunha sociedade máis xusta. As bibliotecas escolares achegan recursos e fan propostas de actividades, lideran iniciativas que permitan aos nenos e ás nenas, a mozas e mozos coñecer o mundo no que viven, coñecer a presenza da muller nos distintos ámbitos do saber e nos distintos momentos da historia. E sobre todo, re-coñecer a importancia e a influencia do traballo da muller nos diferentes ámbitos sociais do mundo no que eles viven e medran.
Algúns exemplos poden servir para ver a intensa actividade das bibliotecas escolares galegas nestes días previos ao 8 de marzo:
- CEIP Frián-Teis (Vigo): Día da Muller Traballadora
- CEIP Santiago Apóstolo (Mugardos): Enquisa Día da Muller Traballadora
- CPI O Progreso (Catoira): Lecturas para un 8 de marzo
- EEI Barrionovo (Arteixo): Encontro de mulleres
- IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia): 8 de Marzo
- IES Losada Diéguez (A Estrada): 8 de marzo, Día da Muller Traballadora
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo): As mulleres na Real Academia Galega
- IES Ríio Cabe (Monforte de Lemos): 8 de marzo, día da Muller
Un exemplo de programación moi sintetizada desde o CPI Vicente Otero Valcárce, de Carral: Para celebrar o 8 de marzo a nosa biblio propón un traballo de investigación ( e así poder practicar como utilizar efectivamente os buscadores). Fixemos unha recopilación de mulleres que destacaron, ou destacan, por diferentes motivos. adxudicamos unha a cada grupo. O alumnado fará un traballo de investigación e redactará unha biografía, incluíndo, de ser posible, unha fotografía. Unha selección dos traballos presentados servirá para que fagamos un libro que levará por título "Mulleres públicas" (traballando tamén a linguaxe sexista), e que pasará a formar parte dos fondos de producción propia. Ademáis Recibiremos a visita de đúas mulleres, empresaria e cociñeira, que nos contarán a súa experiencia.
Outros recursos:
Un PDI (Proxecto Documental Integrado) arredor do Pan de Nadal
As nenas e nenos do CEIP de Frián-Teis (Vigo, Pontevedra) investigaron profundamente o tema dos pans doces de inverno, a súa procedencia e as súas diferentes versións por Europa e outros lugares do mundo (a través do PDI A lingua sabe a pan) e prepararon este "informativo" para nos dar a coñecer os seus descubrimentos, un exemplo de xornalismo de investigación. Unha actividade de álfabetización mediática e informacional, unha oportunidade de aprendizaxe global... e unha ocasión para larpeiros, lambóns e lambereteiros!
A biblioteca do IES Lama das Quendas (Chantada) presenta a campaña contra a violencia de xénero.
Na biblioteca do IES Lama das Quendas, de Chantada (Lugo), hai tempo que levan emprengando a linguaxe audiovisual como ferramenta de expresión nas súas actividades e propostas. Anteriormente realizaran spots publicitarios para promocionar a lectura entre a comunidade educativa. Agora véñen de presentar na televisión local a súa campaña contra a violencia de xénero. Un bo exemplo de biblioteca escolar como espazo de convivencia e de formación para unha cidadanía máis igualitaria e máis xusta. Parabéns!
Préstamo para o verán nas bibliotecas escolares galegas. Será por libros!!!
Desde hai varios anos, algunhas bibliotecas escolares ofrecen préstamos especiais para o verán ao conxunto da comunidade educativa. Alumnado, familias, profesorado, persoal non docente... teñen acceso a lotes de libros para acompañar o período de vacacións. Na imaxe, a biblioteca do IES As Mariñas de Betanzos, un dos centros pioneiros neste tipo de actividades (préstamos dun máximo de dez títulos por lector ou lectora). Pero hai moitos outros:
-
IES Chamoso Lamas (O Carballiño, Ourense) (4 libros máximo)
-
IES A Xunqueira II (Pontevedra) (sen límite de exemplares)
-
IES Torrente Ballester (Pontevedra) (sen límite e ao longo do verán "se o centro está aberto")
-
IES Ribeira do Louro (O Porriño, Pontevedra) (ata tres libros, en xullo tamén, con compromiso de volta na 1ª semana do curso)
-
CPI Cernadas de Castro (Lousame, A Coruña) (campaña "os libros tamén van de vacacións, con 24 mochilas en préstamo para o alumnado de 6º de primaria; os membros do club de lectura, sen límite de títulos para o verán)
-
IES Pedra da Aguia (Camariñas, A Coruña) (ata 5 títulos por persoa)
-
IES de Valga (Valga, Pontevedra) (amplíase o prazo durante todo o verán)
-
CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense) (sen límite de títulos e para toda a comunidade educativa)
-
CEIP Plurilingüe A Pedra (Bueu, Pontevedra) (préstamo especial na última semana de xuño)
-
IES Elviña (A Coruña) (a toda a comunidade educativa)
-
IES Lagoa de Antela (Xinzo da Limia, Ourense) (Exposición previa de materiais "recomendados". Un máximo de 10 e 2 Dvds)
-
IES Poeta Añón (Outes, A Coruña) (sen límites, sempre que non se teñan pendentes de devolución)
Preparando as Letras Galegas 2012
As mozas e os mozos do CPI dos Dices (Rois, A Coruña) están a traballar xa coa figura de Valentín Paz Andrade, preparando motores para a celebración do Día das Letras Galegas, e ofrecéndonos un documento excelente para achegarnos desde as aulas a este personaxe da cutlura galega. Parabéns a este grupo de "reporteiros" e ao profesorado que os estimula e guía, polo seu traballo.
É obvio o gran traballo de documentación que hai detrás deste "informativo". E detrás, está tamén, de forma evidente, unha biblioteca escolar como centro de recursos para a información e a aprendizaxe.
Velaquí outros traballos e actividades en distintos centros:
- Webquest Valentín Paz Andrade. IES Ribeira do Louro (O Porriño, Pontevedra)
- Caza do tesouro. Valentín Paz Andrade (2º/3º ciclo primaria-1º Secundaria). CEIP Nosa Sra. de Xuvencos (Boborás, Ourense)
- Recompilación de recursos. Valentín Paz Andrade. CEIP Nosa Sra. de Xuvencos (Boborás, Ourense)
- Valentín Paz Andrade, sempre con Galicia. Liña do tempo. IES San Paio (Tui, Pontevedra)
- Recompilación de recursos sobre Valentín Paz Andrade. CEIP Bormoio-Agualada (Coristanco, A Coruña)
- Libriño sobre Valentín Paz Andrede (Alumnado de 6º Primaria). CEIP de Cervo (Cervo, Lugo)
- Glogster sobre Valentín Paz Andrade. IES Lama das Quendas (Chantada, Lugo)
- Letras Galegas 2012. Programación. IES Torrente Ballester (Pontevedra)
- Valentín Paz Andrade (Presentación). IES Pedra da Aguia (Camariñas, A Coruña)
- Glogster sobre Valentín Paz Andrade. CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense)
- Webquest (ESO) sobre Valentín Paz Andrade. IES de Fene (Fene, A Coruña) (Entrar como convidado)
- Tríptico sobre Valentín Paz Andrade. CEIP de Cespón (Boiro, A Coruña)
- A apócema máxica (vídeo 6º primaria). CEIP Rosalía de Castro (Xinzo da Limia, Ourense)
- Escolma de recursos sobre Valentín Paz Andrade. IES Lucus Augusti (Lugo)
- A forza das palabras. IES Fernando Blanco (Cee, A Coruña)
- Valentín Paz Andrade (información e xogo de educ. documental) IES Poeta Añón (Outes, A Coruña)
- Actividade Letras Galegas 2012. IES Xograr Afonso Gómez (Sarria, Lugo)
- O tendal das Letras (Letras Galegas 2012). IES de Poio (Poio, Pontevedra)
- De pesca con Valentín. Letras Galegas 2012. EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña)
- Letras Galegas 2012 (spot publicitario a prol do galego). IES Lama das Quendas/IES Val do Asma (Chantada, Lugo)
- Levar a poesía e a música ao mercado. IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz, Lugo)
Abril, mes dos libros: Actividades nas bibliotecas escolares
Abril é o mes no que os libros e a lectura está máis presente, como chamada de atención sobre a importancia dunha actividade que é esencial na formación do alumnado como cidadáns activos e críticos, como estudantes eficaces, como persoas felices. A esta "festa do libro e a lectura" están chamados todos os sectores da comunidade educativa, e así o podemos comprobar nas programacións dalgunhas das bibliotecas escolares galegas:
- CEIP QUINTELA (Moaña, Pontevedra: Abril, mes do libro 2012
- CEIP Mestres Goldar (Vigo, Pontevedra): Os nosos escritores
- CEIP Milladoiro (Malpica, A Coruña): Mes das Letras, abril-maio 2012
- CEIP de Covas (Viveiro, Lugo): GÚSTANOS LER... E QUE?
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra): En abril, libros mil
- CEIP de Bormoio-Agualada (Coristanco, A Coruña): Apadriñamento lector
- CEIP Andrade (Pontedeume, A Coruña): Abril, mes do libro
- CEIP As Solanas (A Guarda, Pontevedra): Programación mes de Abril 2012
- CEIP Vista Alegre (Burela, Lugo): Abril, mes dos libros. Maio mes das letras
- CEIP de Cervo (Cervo, Lugo): Primavera do libro
- CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense): Abril, mes dos libros
- Varios centros de Viveiro e Xove (Lugo): De onte a hoxe, lembrando o pasado.
- CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos, A Coruña): Programación mes de abril
- CEIP A Pedra (bueu, Pontevedra): Programación mes dos libros e das letras.
- CEIP Xosé Mª Brea Segade (Taragoña-Rianxo, A Coruña): Abril mes dos libros
- CEIP Mestre Valverde Mayo (Mos, Pontevedra): Mes do libro
- IES O Mosteión (Sada, A Coruña): Semana do Libro na Esperela
- IES Pedra da Aguia (Camariñas, A Coruña): Mes do libro 2012
- IES Ponteceso (Ponteceso, A Coruña): Cartel Día do Libro
- IES de Pobra do Caramiñal (Pobra do Caramiñal, A Coruña): Caza do tesouro - Concurso fotografía - Concurso de citas
- CEIP Pintor Laxeiro (Vigo, Pontevedra): Programación Abril-Maio 2012
- CEIP A.D.R. Castelao (Vigo): Tríptico Abril 1 - Tríptico Abril 2
- CEIP Chano Piñeiro (Gondomar, Pontevedra): Abril, libros mil
- IES Ribeira do Louro (O Porriño, Pontevedra): Semana do Libro e da Lectura 2012
- IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo, A Coruña): 23 de abril, Día do Libro. Clásicos para todos os gustos e todas as medidas.
- CEIP A Gándara 8Monforte, Lugo): Abril, mes dos libros
- CPI O Progreso (Catoira, Pontevedra): 23 de abril, Día do Libro. Os libros tamén alimentan.
- CEIP Víctor Sáenz (mazaricos, A Coruña). Exposición e guía OS LIBROS NOS LIBROS - IMAXES da exposición
- IES Lama das Quendas (Chantada, Lugo): Mercado de libros de segunda man - Reportaxe Mercadiño de libros
- CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal, Pontevedra): Mulleres nas Letras - A volta ao mundo en 80 contos
- IES de Porto do Son (Porto do Son, A Coruña): A historia do cómic galego e universal - Exposición do cómic no mes do libro
- CEIP Frian-Teis (Vigo, Pontevedra): Apadriñamento lector no Día do Libro
- CEIP ADR Castelao (Rianxo, A Coruña): Actividades Mes do Libro
- CEIP A Gándara (Monforte, Lugo): Abril, mes dos libros
- CEIP Feliciano Barrera (Ponteareas, Pontevedra): En abril, libros mil
- CEIP de Frións (Ribeira, A Coruña): En abril, libros mil. Díptico para celebrar o Día do Libro.
- IES Urbano Lugrís (Malpica, A Coruña): programación Día do Libro
- IES Ribeira do Louro (O Porriño, Pontevedra). Semana do Libro
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo, Pontevedra). Recomendacións de lectura no Día do Libro
- CPI de Panxón (Nigrán, Pontevedra): Programación Día do Libro - Letras Galegas
- CEIP Agro do Muíño (Ames, A Coruña): Programación mes de abril
- EEI San roque (Viveiro, Lugo): 23 de abril, Día do Libro
- IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz, Lugo): Lecturas para os pequenos dos colexios do concello
- IES San Paio (Tui, Pontevedra): Verbas verbo do libro
- CEIP Mestrs Goldar (Vigo, Pontevedra): Apadriñamentos lectores 1 - Apadriñamentos lectores 2
- CEIP de Cespoón (Boiro, A Coruña): Día do Libro
- IES Fontem Albei (A Fonsagrada, Lugo). Día do Libro 2012: Celso Emilio Ferreiro. Recital
- CEIP de Cervo (Cervo, Lugo). Día do Libro 2012: Apadriñamentos lectores
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña): Día do Libro 2012
- IES Pino Manso (O Porriño, Pontevedra): Día do Libro 2012
- IES AS MARIÑAS (Betanzos, A Coruña): Un viaggio per L'Italia (exposición) - Concurso: Pasaparola - Un viaggio per L'Italia (guía de lectura)
- IES O Mosteirón (Sada, A Coruña): Semana do libro
- CEIP A Sangriña (A Guarda, Pontevedra): Contos para ver
- CEIP Escultor Acuña (Vigo, Pontevedra): Boletín de lectura abril 2012
- CPI José García García (Ourense): Concurso de fotografía: un libro, una foto - Un poema, unha flor
- IES de Ponteceso (Ponteceso, A Coruña): Actividades no Día do Libro
- IES Salvador de Madariaga (A Coruña): Código Decimal Universal, un Camiño Universal entre os libros.
- CEIP Filomena Dato (Barbadás, Ourense): I Feira do Libro no Filomena
- CEIP de Foz, nº 1 (Foz, Lugo): Os pais e nais fan teatro: O BELO DURMINTE
- CEIP Salgado Torres (A Coruña): Poesía pola Ruta da Seda, no Día Mundial do Libro
- IES Fontexería (Muros, A Coruña): Poetizando as aulas I - Poetizando as aulas II - Poetizando as aulas III
- CEIP Mestre Valverde Mayo (Mos, Pontevedra): Actividades na Semana do Libro - Recomendacións de lecturas
- CEIP A Rúa (Cangas, Pontevedra): Actividades do Día do Libro
- CEIP Chano Piñeiro (Gondomar, Pontevedra: O CAMIÑO DAS PALABRAS - O TENDAL DA POESÍA
- IES Ribeira do Louro (O Porriño, Pontevedra): BIBLIORECOMENDACIÓNS - APADRIÑAMENTOS LECTORES
- CEIP de Bormoio (Agualada-coristanco, A Coruña): Apadriñamentos lectores
- CEIP Víctor López Sáenz (Mazaricos, A Coruña): Apadriñamentos lectores, narración oral, charlas para pais e nais...
- CEIP A Rúa (Cangas, Pontevedra): O día do libro no Recanto de Roni
- IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra): Entre o Libro e As Letras
- CEIP A Pedra (Bueu, Pontevedra): CANAPÉS LITERARIOS
Día Internacional da Muller, 8 de marzo 2012, nas bibliotecas escolares galegas.
(...)
ben o sei ben sei eu todo
que para eu aprender este ladrido
á fin fixeron falla
mil mulleres lavando a reo no río de Saá
e mil arando e dúas mil cosendo e cinco mil
apañando cozas e garabullos no medio do monte e Ti
sobre todo ti plantando pinos nun serragoto inmenso
desaprendendo canto es
esfuracando as túas dúbidas.
Querida mamá: estou aprendendo a ladrar. (...) Olga Novo
Coas palabras da poeta galega Olga Novo e unha imaxe, por fortuna moi común nos nosos centros, iniciamos unha breve recompilación dalgunhas das actividades que se levan a cabo nestes días nas bibliotecas escolares galegas, ou de materiais elaborados e difundidos por elas, para lembrar o moito que aínda queda por facer para acadar xustiza e igualdade:
- AS MULLERES E O CINE. IES San Paio (Tui, Pontevedra)
- ANXOS FEMININOS EN RIBADAVIA. IES San Paio (Tui, Pontevedra)
- Curso: DEPORTE EN FEMININO. Colaboración Biblioteca/ Dpto. Educ. Física. IES San Paio (Tui, Pontevedra)
- 8 de MARZO, DÍA DA MULLER. EncontXo de mulleres na Biblioteca. EEI de Barrionovo (Arteixo, A Coruña)
- MULLERES QUE FAN HISTORIA. EEI de Barrionovo (Arteixo, A Coruña)
- VISITA DE MULLERES DA HISTORIA. IES Xesús Taboada Chivite (Verín, Ourense), unha actividade en colaboración co IES Ribeira do Louro (O Porriño, Pontevedra)
- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. IES Vilalonga (Sanxenxo, Pontevedra)
- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. IES Pedra da Aguia (Camariñas, A Coruña)
- COÑECES ESTA MULLER? IES David Buján (Cambre, A Coruña)
- ESCOLMA DE LIBROS. DÍA INTERN. DA MULLER TRABALLADORA. IES Blanco Amor (Culleredo, A Coruña)
- 8 de marzo. Humor. Concurso ¿Quen son estas mulleres). IES de Curtis (Curtis, A Coruña)
- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: ETIOPÍA, EXIPTO, NEPAL E TÍBET.... IES de Fene (Fene, A Coruña)
- DÍA DA MULLER TRABALLADORA. CPI da Ribeira (O Porriño, Pontevedra)
- VÍDEO MULLER TRABALLADORA 2012. CEIP de Cespón (Boiro, A Coruña)
- CLARA CAMPOAMOR. Mulleres que marcaron a historia das mulleres.. CEIP de Andrade (Pontedeume, A Coruña)
- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. CEIP As Solanas (A Guarda, Pontevedra)
- TALLER COAS ATADORAS. Día Internacional da Muller Traballadora. CEIP Milladoiro (Malpica, A Coruña)
- GRANDES MULLERES DA HISTORIA VISITAN AS AULAS GALEGAS-2012. IES Ribeira do Louro (O Porriño, Pontevedra)
- DÍA DA MULLER. EXPOSICIÓN E TRABALLOS. IES de Ponteceso (Ponteceso, A Coruña)
- 8 DE MARZO, DÍA DA MULLER. CEIP A Rúa (Cangas, Pontevedra)
- MULLERES CIENTÍFICAS - CLARA CAMPOAMOR E O SUFRAXIO FEMININO EN ESPAÑA. CEIP de Aguiño (Ribeira, A Coruña)
- 8 DE MARZO: RADIO PATIO TEN NOME DE MULLER. IES DE POIO (Poio, Pontevedra)
- 8 DE MARZO. MULLERES NA ESCOLA. CEIP Feliciano Barrera (Ponteareas, Pontevedra)
- CON NOME DE MULLER. IES Macías o Namorado (Padrón, A Coruña)
- UNHA CIENTÍFICA VISITA O CENTRO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. CEIP de Rubiáns (Vilagarcía, Pontevedra)
- VOCES DE MULLER - UNHA TARDE DE JAZZ. CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal, Pontevedra)
24 de febreiro: Día de Rosalía
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contempla, dentro do Calendario do Libro e da Lectura para o ano 2012, a data do 24 de febreiro como DÍA DE ROSALÍA, co gallo da conmemoración do nacemento da poeta. Nesta ocasión cúmprense 175 anos e á programación de actividades da FUNDACIÓN ROSALÍA, súmase nesta ocasión a proposta da AELG (Asocación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), cunha proposta ben fermosa: que agasallemos aos nosos seres queridos cun libro galego e unha flor, como unha forma festiva de lembrar a importancia da lingua (o 21 de febreiro celebrábase a instancias da UNESCO o Día Internacional da Lingua Materna), e homenaxear a esta escritora fundamental das nosas Letras. A AELG abriu un blogue no que ir recollendo achegas creativas e iniciativas en relación con esta conmemoración.
Pola súa parte, as bibliotecas escolares galegas veñen celebrando xa este día con diversas actividades, todas dirixidas a lembrar os poemas de Rosalía e manter viva a súa lembranza entre os máis novos. Van chegando as propostas deste ano 2012, que iremos recollendo aquí:
- IES San Paio de Tui (Pontevedra). DÍA DE ROSALÍA 2012: Selección de textos - Selección de recursos audiovisuais
- IES Pazo da Mercé (As Neves, Pontevedra). FLORES A ROSALÍA. Programación do recreo cultural.
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña): NO DÍA DE ROSALÍA, FLORES, POESÍA E ALEGRÍA
- IES Sanxenxo (Sanxenxo, Pontevedra): MIMOSAS PARA ROSALÍA. Escolma de poemas.
- IES de Ponteceso (Ponteceso, A Coruña): DÍA DE ROSALÍA, poemas e caraveis. - Vídeo e imaxes do acto na b.e.
- CPI San Sadurniño (San Sadurniño, A Coruña) : NO BICO UN CANTAR
- CEIP de Cervo (Cervo, Lugo): RECITANDO A ROSALÍA
- IES Chano Piñeiro (Forcarei, Pontevedra): Homenaxe a Rosalía
- CEIP de Cespón (Boiro, A Coruña): Galicia Frolida, un canto a Galicia.
- IES Ribeira do Louro (O Porriño, Pontevedra): RAPEANDO A ROSALÍA - LENDO A ROSALÍA
- CEIP Os Muíños (Muxía, A Coruña): ANIVERSARIO DE ROSALÍA
- CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal, Pontevedra): ROSALÍA SEMPRE!
- CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense): DÍA DE ROSALÍA
- CEIP de Andrade (Pontedeume, A Coruña): UN DÍA 24 DE FEBREIRO NACEU ROSALÍA DE CASTRO...
- CEIP Frián-Teis (Vigo, Pontevedra): DÍA DE ROSALÍA - HORA DE LER con ROSALÍA
- CRA de Ribadumia (Ribadumia, Pontevedra): DÍA DE ROSALÍA
- IES de Poio (Poio, Pontevedra: RADIO PATIO CON AMOR E CON ROSALÍA
V Certame de Matmonólogos. IES Monelos - TETRACTIS
O IES Monelos (A Coruña) e o boletín de divulgación matermática TETRACTIS, convocan o V CERTAME DE MATMONÓLOGOS, en convocatoria aberta, con distintas categorías. Poderán participar alumnos e alumnas de primaria, secundaria, bacharelato, e persoas en xeral maiores de 18 anos. Os participantes presentarán un guión cunha extensión máxima de mil palabras, en galego ou castelán. O prazo de presentación, que se fará no propio IES Monelos ou a través de correo postal, remata o 2 de maio de 2012. O 15 de maio será o acto para a defense dos monólogos, ben polo autor ou ben por un alumno do IES. As bases desta interesante iniciativa pode verse AQUÍ.
No boletín TETRACTIS podemos ver os resultados do certame anterior e coñecer os guións que foran premiados en 2011.
Apertas pola Paz, Radio Patio pola Paz, Xogos Pacíficos, xornada de convivencia...
Á formación dos máis novos nunha Cultura de Paz esixe romper esquemas, rachar inercias e chamarlle ás cousas polo seu nome. As biblitoecas escolares galegas lideran nos centros iniciativas que procuran unha educación en valores sen paliativos, unha educación de cidadáns activos con capacidade para sentir, para pensar, para expresarse e actuar. Algúns exemplos de actividades levadas a cabo nesta semana a cabalo entre xaneiro e febreiro nos centros galegos:
30 de xaneiro: Día Escolar pola Paz - 2012
- Recomendación de lecturas na semana da Paz. CEIP Frián-Teis (Vigo, Pontevedra)
- Libros para a Paz. CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense)
- Materiais para o Día da Paz 2012. CEIP de Cervo (Cervo, Lugo)
- Libros para a Paz. CEIP Carmen García Carrasco (Cenlle, Ourense)
- Propostas para educar na Paz. CEIP Bormoio (Agualada-Coristanco, A Coruña)
- Contos para a Paz. EEI de Vide (As Neves, Pontevedra)
- Cuestións de Paz. CEIP Quintela (Moaña, Pontevedra)
- Palabras pola Paz. IES de Poio (Poio, Pontevedra)
- Libros para a Paz. CEIP Julio Gurriarán (O Barco, Ourense)
- Tintín e a Paz (Webquest). IES Fernando Esquío (Neda, A Coruña)
- O tres pes. Palabras pola lectura. IES San Paio (Tui, Pontevedra)
- Guerra, Paz e Cine (selección de películas). IES San Paio (Tui, Pontevedra)
- Ler en Paz. Pazticipa. EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña)
- Lecturas pola Paz. IES de Ponteceso (Ponteceso, A Coruña)
- A Paz non ten lingua. CEIP de Aguiño (Ribeira, A Coruña)
- Abrazos pola Paz. Paraugas pola Paz. Recompilación de textos. IES Lagoa de Antela (Xinzo da Limima, Ourense)
- Día Mundial da Paz. Recompilación de lecturas. IES Fernando Wirtz (A Coruña)
- Construíndo a Paz. Guía de libros e cine. IES Poeta Añón (Outes, A Coruña)
- En memoria de Suso Jares e de Wanguari Maathai. CEIP Agro do Muíño (Ames, A Coruña)
- Lecturas para a Paz 2012. CEIP A Paz (Vigo, Pontevedra)
- Lecturas para a Paz 2012. CPI Mosteiro (Meis, Pontevedra)
- Lectura pola Paz. CEIP A Rúa (Cangas, Pontevedra)
Na páxina do Seminario de Educación para a Paz pódense atopar máis informacións, materiais e propostas.
IV Encontros de Banda Deseñada na Mariña
No IES PERDOURO de Burela (Lugo) deron comezo os IV Encontros de Banda Deseñada na Mariña, unha cita xa ben asentada na dinámica do centro, con ampla repercusión na comarca. Estes encontros, organizados conxuntamente pola Biblioteca do centro e o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, implica a todo o profesorado e alumnado do centro e conta coa colaboración do concello de Burela. Podemos ver imaxes do acto de inauguración que tivo lugar na biblioteca o día 18 de xaneiro, á hora do recreo, no blog dos encontros BANDA DESEXADA.
En palabras dos organizadores, os encontros pretenden, por un lado, a posta en coñecemento do apaixoante mundo do cómic e, por outro, dinamizar a vida da Biblioteca, xa que o cómic é un bo recurso para fomentar a lectura entre o máis novos. A adquisión de moitas obras novas para os fondos da Comiteca posibilita a consulta e a lectura de calidade, o que fai que o noso alumnado mostre interese por este tipo de obras.
Ademáis das actividades programadas (obradoiros, encontros, exposicións, proxeccións de películas...), a biblioteca do IES Perdouro convoca un concurso de creación de banda deseñada, con tres categorías: ata 13 anos, de 14 a 18 anos e unha categoría aberta. Pódense consultar as BASES no blogue dos encontros. O prazo de presentación de orixinais remata o 20 de marzo de 2012.
Unha biblioteca de outono: formación de usuari@s e Samaín.
Son moitos os centros escolares que están xa empregando os recursos audiovisuais co seu alumnado, dunha forma activa. Velaquí un exemplo de producíón propia coa colaboración do alumnado que ilustra a vida cotiá dunha biblioteca escolar, neste caso, a do IES de Ponteceso (A Coruña). Os rapaces e rapazas de 1º de ESO participan nunha sesión de formación de usuari@s; tamén podemos asistir á lectura de contos de medo, co gallo do Samaín. Un exemplo da actividade deste centro e unha iniciativa de "documentación" da actividade da biblioteca que resulta de gran interese.
Biblioteca no IES Ribeira do Louro
Unha visita virtual á biblioteca do IES Ribeira do Louro (O Porriño, Pontevedra), da man dos rapaces e rapazas que nola van ensinando... Espazos para o traballo, a consulta, o pracer de ler e de aprender.
Normas de uso da biblioteca no Frei Sarmiento de Pontevedra
Untitled from IES Frei Martín Sarmiento (Bibl on Vimeo.
No IES Frei Sarmiento, de Pontevedra, na estela do que xa fixeran no IES de Ponteceso (Ponteceso, A Coruña) e coa colaboración do Obradoiro de Imaxe do centro e dos rapaces e rapazas de 3º de ESO, elaboraron este vídeo para difundir as normas de uso da biblioteca. "Maneiras de vivir" a biblioteca que benefician a tod@s.
Letras Galegas en maio... e todo o ano.
Por todo o país florecen neste maio actividades culturais diversas, co fin de dar a coñecer a figura á que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas, pero tamén a poñer en valor a lingua e as súas posibilidades de comunicación e de expresión artística. As bibliotecas escolares non son alleas á marea poética que atravesa este ano "loisiano" e son moitos os exemplos de actividades que se impulsaron desde estes espazos educativos; tamén moitas as propostas de aula ou de centro que apoiaron cos seus recursos. Velaquí unha pequena mostra:
Recoméndase un percorrido polos blogues das bibliotecas escolares galegas para obter unha idea das actividades programadas e da súa diversidade: PRIMARIA - SECUNDARIA
Salvando libros: un proxecto colaborativo
Unha vez máis, un bo feixe de bibliotecas escolares galegas puxéronse á tarefa de botar adiante un proxecto conxunto. A raíz dunha proposta inicial, a través de correos electrónicos de ida e volta, foise perfilando a idea de SALVAR UN LIBRO a fin de "chamar a atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito". Un total de 96 bibliotecas escolares de distintos niveis de ensino sumáronse a este traballo conxunto. Despois dunha fase interna, cada centro educativo elixiu un libro galego para salvar, que son os que se recollen nuns carteis, deseñados polo ilustrador Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón e que xa ten colaborado en proxectos anteriores, sempre de forma desinteresada. O traballo estivo coordinado polas responsables das bibliotecas de EEI de Vide (As Neves) e do IES Luís Seoane (Pontevedra), coa colaboración tamén da responsable do IES Sánchez Cantón (Pontevedra).
- SALVANDO LIBROS. CENTROS DE INFANTIL
- SALVANDO LIBROS. CENTROS DE PRIMARIA
- SALVANDO LIBROS. CENTROS DE SECUNDARIA