Desde o CEIP Sofía Casanova, de Culleredo (A Coruña), chéganos esta ferramenta para a formación de usuarios e usuarias da biblioteca escolar: Como atopar un libro na biblioteca. Coñecemos tamén que a biblioteca ten un STAB, un Servizo Técnico de Axuda á Biblioteca, formado polo alumnado colaborador, cunhas funcións moi concretas que aparecen tamén recollidas nesta presentación:
ALFIN
Como atopar un libro na biblioteca
Proxecto Interdisciplinar 1º ESO: Xogos. CPI Cernadas de Castro
O alumnado de 1º de ESO do CPI Cernadas de Castro, de Lousame, traballou nun proxecto denominado XOGOS, na materia de Proxecto Interdisciplinar, durante o curso 2013/2014. Este traballo mereceu un dos premios do Concurso de Traballo por Proxectos, na modalidade de Proxecto Interdisciplinar de 1º ESO, de temática científica (boa parte do traballo está relacionada relaciona os xogos e as ciencias ou a tecnoloxía).
Inveestigar sobre xogos e xoguetes, construílos, aprender a xogar, ensinar a outros, realizar maquetas, amosar os seus traballos nun blogue, facer a presentación das súas investigacións a través do kamishibai... foron algunhas das actividades levadas a cabo durante o desenvolvemento do proxecto.
Proxecto Interdisciplinar 1º ESO: Danzas tradicionais de Cangas. IES Monte Carrasco
O Proxecto Interdisciplinar é unha materia de 1º de ESO, cunha carga lectiva dunha hora semanal, que está orientada a que o alumnado adquira as habilidades necesarias para poder realizar traballos de investigación con distintas fontes informativas, e a guiar a súa propia aprendizaxe, a través da realización de traballos concretos mediante a metodoloxía de proxectos, cun enfoque interdisciplinar. Cando a biblioteca escolar ten clara a súa función, apoia de forma incondicional ao profesorado que imparte esta materia e, en ocasións, son os membros do equipo de biblioteca quen se encargan de impartila, porque atopan unha ocasión única para impartir os contidos ALFIN, esa cuestión urxente no ensino secundario.
AS DANZAS TRADICIONAIS DE CANGAS é o proxecto presentado polo IES Monte Carrasco (Cangas do Morrazo) que acadou premio no Concurso de Traballos por Proxectos, na modalidade de Proxecto Interdisciplinar de 1º de ESO. O traballo desenvolvido ao longo do curso 2013/2014 conseguíu que o alumnado de 1º de ESO coñecese en profundidade as danzas tradicionais do seu concello, un patrimonio cultural de gran valor; que interrelacionase con membros da comunidade escolar e con institucións culturais de Cangas para recabar información, para aprender a facer os traxes e mesmo a bailar unha das danzas, a danza de Darbo, parroquia na que está ubicado o centro. O proxecto estivo coordinado por un membro da biblioteca escolar e esta foi unha ferramenta fundamental para todo o traballo de documentación, como é a súa función.
Proxectos de investigación: A Arte da Natureza. CPI Virxe da Saleta
Os alumnos e alumnas de ensino secundario do CPI Virxe da Saleta, de San Cristovo de Cea, xunto co profesorado dos departamentos de Bioloxía e Lingua Castelá e Literatura, embarcáronse durante o curso 2013/2014 nun proxecto sobre as árbores que titularon "A Arte na Natureza",a través do cal coñeceron en profundidades as árbores máis comúns na súa contorna. Un traballo descriptivo, con recompilación de textos poéticos, imaxes artísticas e traballo lingüístico coa identificación do nome de 35 árbores en galego, castelán, inglés e francés. Toda a información está recollida en láminas, que pasaron a formar parte dos fondos da biblioteca escolar, ademais de estar dispoñibles en formato electronico.
Este traballo foi merecedor dun premio no concurso de Traballos por Proxectos, na modalidade de proxectos de investigación, con temática científica.
- PROXECTO A ARTE NA NATUREZA
- A ARTE DA NATUREZA. O PROXECTO NA WEB DO CENTRO
- A BIBLIOTECA na web do CPI SAN CRISTOVO DE CEA
Proxecto de investigación: O niño de Cecilia. CEIP Juan Rey
O alumnado de ensino infantil do CEIP Juan Rey (Lourenzá, Lugo) aprendeu moito sobre os paxaros e os seus niños con este proxecto titulado "O niño de Cecilia", que levaron a cabo no 3º trimestre do curso 2013/2014. Este traballo mereceu un dos premios da modalidade Proxecto de investigación de ciclo/departamento (temática científica), no Concurso de Traballos por Proxectos.
A partir dunha anécdota real (A Cecilia trouxéranlle seus pais como agasallo, logo dunha viaxe a Francia, un niño artificial de paxaros), iinventaron un conto "O niño de Cecilia", nvestigaron sobre as aves e os seus niños, observáronas con atención e tomaron boa nota nas correspondentes fichas de observación, fixeron un libro sobre os paxaros, elaboraron un libro de recitas con ovos...
Proxecto de investigación: Proxecto Chuny Vázquez. CEIP Manuel Rodríguez Sinde
Chuny Vázquez é o nome polo que se coñece á escritora e pintora de A Guarda María Asunción Vázquez Vicente. E Chuny Vázquez é o título do proxecto de investigación que levaron a cabo os alumnos e alumnas de 1º e 2º cursos de ensino primario, coas súas titoras e a colaboración da biblioteca e do Equip de Dinamización da Lingua Galega. Este traballo mereceu un dos premis outorgados na resolución do Concurso de Traballos por Proxectos desenvolvidos durante o curso 2013/2014, na modalidade de proxecto de inveestigación de ciclo/departamento, de temática xenérica.
O alumnado traballou concretamente o xénero da biografía e para realizar a desta artista da súa localidade, tiveron que facer pescudas bibliográficas, achegarse ás súas pinturas e aos seus escritos, preparar e levar a cabo unha entrevista coa pintora, planificar e desenvolver todo o traballo de investigación e elaborar a biografía final, entre outras actividades.
Proxecto de investigación: Tralas pegadas do home (e da muller) na Historia
Tralas pegadas do home na Historia é un proxecto de investigación levado a cabo por alumnado e profesorado de ensino infantil do CEIP Porto Cabeiro, de Redondela, durante o curso 2013/2014 (de xaneiro a abril) e que mereceu un premio no Concurso de Traballos por Proxectos na modalidade de Proxectos de investigación de ciclo/departamento, de temática xenérica.
Foron moitas as actividades xeradas por este proxecto e moitos os coñecementos e habilidades adquiridas sobre os petroglifos, o tallado da pedra, as receitas prehistóricas, os animais prehistóricos, as pinturas das covas ou a maneira de vivir das persoas na prehistoria.
Proxecto de investigación: Viaxe polo Universo. CEIP A Rúa
O alumnado de 6º Curso de primaria do CEIP A Rúa, de Cangas do Morrazo, xunto coa súa profesora titora, as profesoras de inglés e de pedagoxía terapéutica e o orientador do centro, embarcáronse nunha viaxe de ida e volta que chamaron VIAXE POLO UNIVERSO e que lles levou todo o curso escolar 2013/2014. Nesta viaxe aprenderon a orientarse, traballaron con astrónomos e enxeñeiros, investigaron sobre a materia ou a forza de gravidade, entre outros moitos contidos. Visitaron o Observatorio Astronómico de Cotobade e o Museo Massó, de Bueu, entre outras moitas actividades.
Este traballo mereceu un premio no concurso de Traballos por Proxectos, na modalidade de Proxectos de investigación de grupo/nivel, na modalidade de ciencias.
Proxecto de investigación: Comesán 2014. CPI San Vicente
O alumnado de 3º ciclo de Primaria do CPI San Vicente (A Baña), coa participación da biblioteca escolar, a súa profesora titora e outro profesorado do centro, ademáis do persoal do comedor escolar, embarcáronse no curso 2013/2014 nun proxecto de investigación e de aprendizaxe que chamaron COMESÁN 2014, para o que tamén contaron coa implicación das familias. Este traballo foi premiado no Concurso de Traballos por Proxectos na modalidade de Proxectos de investigación de grupo/nivel e temática científica.
Proxecto Documental Integrado: Mulleres con valor. IES Xoán Montes
MULLERES CON VALOR é o título do proxecto documental integrado presentado polo IES Xoán Montes, de Lugo, desde o Departamento de Lingua e Literatura Galega, en colaboración coa biblioteca escolar e no que participou alumnado de 1º de ESO. Trátase dun estudo sobre a presenza da muller no papel moeda dos diversos países europeos, coa elaboración de pequenas biografías a partir da investigación realizada sobre as mulleres representadas nos distintos billetes. Un traballo de gran interese que nos dá a coñecer a mulleres científicas, políticas, artistas..., traballadoras en campos moi variados, e entre elas, a escritora galega Rosalía de Castro. Este traballo acadou un galardón no Concurso de Traballos por Proxectos, na categoría de Proxectos de investigación de grupo/nivel, de temática xenérica.
- PROXECTO: MULLERES CON VALOR
- O PROXECTO NO BLOGUE DA BIBLIOTECA.
- MATERIAIS
- BLOGUE DA BIBLIOTECA DO IES XOÁN MONTES
Unha ferramenta ALFIN desde o CEIP Frián-Teis
É de agradecer á responsable da biblioteca do Frián-Teis a xenerosidade ao ofrecer este titorial ao colectivo das bibliotecas escolares. Teñen elaborado xa outros materiais para a educación no tratamento da información igualmente interesantes e tamén dispoñibles AQUÍ
Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas ESCOLARES
Vai andado medio mes de novembro e xa temos noticia dalgunhas bibliotecas escolares en relación coas súas actividades arredor das ciencias:
- CEIP de Cervo (Cervo): Sobre Newton: 1, 2, 3 -- Vídeo
- CEIP de Cespón (Boiro):Experimentos científicos (agochados na mascota) -- Os experimentos, por escrito
- CEIP Filomena Dato (Barbadás): Pequenas experiencias para pequenos científicos
- CEIP Frián-Teis (Vigo): A ciencia, a lingua que nos une (unha colaboración do alumnado de 3º-4º de ESO do IES Repúblico Oriental do Uruguai)
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño: Ciencia na biblioteca
- CEIP Mestres Goldar (Vigo): Biblioteca científica
- CEIP Montemogos (Bueu): Semana da Ciencia - Lecturas recomendadas Mes da Ciencia
- CEIP A Pedra (Bueu): Ciencia en galego no Bibliocastelo - Experimentos
- CEIP Plurilingüe A Pontenova (A Pontenova: A biblionova coa ciencia
- CEIP Quintela (Moaña): Ciencia en galego na biblioteca -- Os venres en Quintela... ciencia
- CEIP Saco e Arce (Toén): Ciencias e Mates
- CPI Cernadas de Castro (Lousame): Día da ciencia en galego -Novembro, mes da ciencia en galego!
- CPI San Sadurniño (San Sadurniño): Novembro, mes da ciencia en galego --
- EEI Barrionovo (Arteixo): Facendo ciencia na Biblioteca -- Ciencia na rúa -- Ilusións acuáticas de Escher -- Biografías da Ciencia na rúa
- IES Felix Muriel (Rianxo): Selección de lecturas en galego con temática de ciencia (Plan de lectura)
- IES Fontem Albei (A Fonsagrada): Mércores con Ciencia 1- O cerebro adicto
- IES Marqués de Sargadelos (Cervo): Mes da ciencia en galego (colab. entre Biblioteca e ENDL) -- Entrega de premios "ciencia en galego"
- IES Pazo da Mercé (As Neves): Mes da ciencia en galego na biblioteca
- IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas): Recital de poesía e ciencia.
Ciencias na cociña, desde a EEI de Vide (As Neves), onde asistimos á elaboración de "castañas en almibre", nas voces dos pequenos e pequenas. Imprescindible!
Proxecto de investigación: En marzo pintamos con Miró. EEI de Vide
A Escola de Educación Infantil de Vide (As Neves) ten unha longa traxectoria no traballo por proxectos. Entro outros moitos, cada ano adican un tempo a coñecer un pintor ou unha pintora. Desta vez tocoulle a Miró e con este proxecto obtiveron un dos galardóns do Concurso de Traballos por Proxectos, a modalidade de proxectos de investigación de grupo/nivel, de temática xeral. E este foi o traballo realizado polo alumnado, un grupiño de 10 alumnos coa súa profesora e a impliciación de toda a comunidade educativa:
- PROXECTO: EN MARZOPINTAMOS CON MIRÓ
- ÁLBUM FOTOGRÁFICO: PINTAMOS CON MIRÓ
- QUE SABEMOS DE MIRÓ?
- MIRÓ. Boletín Informativo
- A BIOGRAFÍA DE MIRÓ. Ensaio para a conferencia
- CONFERENCIA: A BIOGRAFÍA DE MIRÓ
- RECURSOS: SYMBALOO MIRÓ NA UNITARIA DE VIDE
- EN MARZO CON MIRÓ. Entradas no blogue
- BLOGUE DO CENTRO
Proxecto Documental integrado: Medindo e contando. CEIP P. Alexandre Bóveda
"Medindo e contando" é o proxecto documental que desenvolveron no CEIP plurilingüe Alexandre Bóveda, de Redondela, durante o curso 2013/2014 e que foi recoñecido cun premio no Concurso de Traballos por Proxectos, na modalidade de Proxectos Documentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar, na temática de ciencias.
As matemáticas na vida cotía, con actividades en todas as áreas de aprendizaxe e propostas orixinais, das que fan tomar "medidas" á realidade máis próxima.
Proxecto Documental Integrado: E agromará outro bosque. CPI Manuel Suárez Marquier
"E agromará outro bosque" é o título do proxecto documental que o CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal) desenvolveu ao longo do curso 2013/2014, e que mereceu un dos premios no Concurso de Traballo por Proxectos, na modalidade de Proxectos Documentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar, de temática xenérica.
Tralos incendios do verán do 2013, o Equipo de Bbilioteca, o Equipo de Normalización Lingüística e os responsables do centro do Programa Proxecta deseñaron un proxecto interdisciplinar no que participou practicamente a meirande parte do alumnado e profesorado do centro.
- PROXECTO "E AGROMARÁ OUTRO BOSQUE"
- PÁXINA WEB DO PROXECTO: obxectivos, planificación, recursos, materiais...
- VÍDEO: LOGO DO LUME, QUE NOS QUEDA?
- XORNAL DIXITAL "E AGROMARÁ OUTRO BOSQUE" - PRIMARIA
- ARBORES DE DIFERENTES MATERIAIS
- O BOSQUE DOS SENTIMENTOS
- APADRIÑAMENTO DE ÁRBORES
- BLOGUE DA BIBLIOTECA DO CENTRO: A Quinta dos libros
Proxecto Documental Integrado: As plantas. CEIP Espiñeira-Aldán.
No curso 2013/2014 o CEIP Espiñeira-Aldán (Cangas) desenvolveron un proxecto documental sobre as plantas do seu patio, e a partir deste estudio botánico abordaron outras aprendizaxes do seu medio máis próximo. Esta experiencia foi unha das premiadas no Concurso de Traballos por Proxectos, na súa primeira convocatoria, na modalidade de PDI, coordinados desde a biblioteca escolar, con temática científica.
- PROXECTO "AS PLANTAS"
- (En canto se resolvan algúns problemas técnicos, engadiranse + anexos a este proxecto: vídeos e outros).
- BLOGUE DA BIBLIOTECA
Proxecto Documental Integrado: Bergondo nun conto. CPI Cruz do Sar
O CPI Cruz do Sar, de Bergondo, acadou galardón con este proxecto "Bergondo nun conto", no Concurso de Traballos por Proxectos, na modalidade de Proxectos Documentais Integrados de temática xenérica.
Trátase dun proxecto anual, deseñado e coordinado desde a biblioteca escolar e destinado a que profesorado e alumnado coñezan o seu concello e profundicen na súa xeografía, historia, patrimonio arquitectónico, industria, actividades agropecuarias, natureza, ou personaxes importantes que naceron ou viviron en Bergondo.
Proxecto Documental Integrado: Riada de libros. CEIP Agro do Muíño
Riada de libros é un proxecto documental que coordinou a biblioteca escolar do CEIP Agro do Muíño (Ames), e no que se integraron departamentos, ciclos, familias e co conxunto do profesorado e alumnado do centro. O proxecto partíu da necesidade de coñecer e conservar o Río Sar e abrangueron contidos diversos como os ríos, a súa flora e fauna, o ciclo natural da auga, o ciclo urbán da auga, a arquitectura dos ríos ou a contaminación, entre outros. Trabállaronse todas as competencias básicas, organizáronse exposicións, saídas, conferencias e un importante número de actividades, cun enfoque globalizador e unha importante presencia das TICs. Este proxecto foi premiado na modalidade de PDI, na temática de ciencias.
Proxecto documental integrado: A Alimentación. CEIP Mestres Goldar
A alimentación é un Proxecto Documental Integrado, coordinado desde a biblioteca escolar, no que participa a totalidade do alumnado do centro do CEIP Mestres Goldar, de Vigo, con implicación dun importante número de departamentos e equipos docentes, así como das familias.
Foi galardoado cun dos tres premios da Modalidade "proxectos DocumentaisInterados, coordinados desde a bibliote escolar, con temática "xenérica".
Experiencias premiadas no Concurso de Traballos por Proxectos 13/14
Velaquí a relación dos centros que resultaron gañadores no primeiro Concurso de Traballos por Proxectos, convocado pola Dirección Xeral de Centros e RRHH, no contexto do Plan LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información, Aprendizaxe) para experiencias levadas a cabo durante o curso 2013/2014. Algúns centros teñen enlaces directos aos seus traballos, pero outros non. iremos difundindo pouco a pouco os diferentes traballos.
Modalidade |
Temática |
Centros Premiados |
Concello |
Provincia |
Título |
1. Proxectos Documentais |
Xenérica |
Vigo |
Pontevedra |
||
Bergondo |
A Coruña |
||||
O Rosal |
Pontevedra |
||||
Ciencias |
Ames |
A Coruña |
|||
Cangas |
Pontevedra |
||||
Redondela |
Pontevedra |
||||
2.a. Proxectos de |
Xenérica |
As Neves |
Pontevedra |
||
Lugo |
Lugo |
||||
Ciencias |
A Baña |
A Coruña |
|||
Cangas |
Pontevedra |
||||
2.b. Proxectos de |
Xenérica |
Redondela |
Pontevedra |
||
A Guarda |
Pontevedra |
||||
Ciencias |
San Cristovo de Cea |
Ourense |
|||
Lourenzá |
Lugo |
||||
2.c. Proxectos realizados |
Xenérica |
Cangas |
Pontevedra |
||
Ciencias |
Lousame |
A Coruña |
Mulleres premios Nobel de Ciencia
Desde o IES de Cacheiras (Teo), recentemente incorporado ao Plan de mellora de bibliotecas escolares, chéganos a nova sobre os materiais dunha exposición elaborados na biblioteca escolar por dúas alumnas de 2º de BAC, Nuria Cancela e Rocío Ferreiro, coordinadas pola profesora Marieta Fandiño, do Departamento de Física e Química. Este material, que consta de 25 paneis deseñados polas alumnas e realizados en formato DIN A4, foi seleccionado para ser presentado en Galiciencia, que se celebra en Ourense, do 18 ao 21 de novembro, onde terá un stand propio, así como este vídeo que difundimos.
Excelente mostra do traballo de investigación na área das ciencias, co apoio da biblioteca escolar.
Parabéns a profesora e alumnas!!
Formación de usarios e usuarias no IES Monte das Moas (A Coruña)
Unha nova ferramenta para a formación de alumnado usuario da biblioteca escolar, neste caso desde o IES Monte das Moas de A Coruña.
Nova ferramenta para a formación de usuarios desde o CEIP Vales Villamarín (Betanzos)
Como buscar información nos libros
Son xa varias as ferramentas elaboradas por bibliotecas escolares galegas, dispoñibles na Rede e destinadas á formación de usarios. Velaquí un novo exemplo desde o CEIP Vales Villamarín de Betanzos. Esta biblioteca achega á súa comunidade educativa outros materiais que podemos ver aquí.
Matemática próxima
BIBLIOTECA ESCOLAR E XOGOS MATEMÁTICOS on PhotoPeach
- CEIP Coirón - Dena (Meaño): Rodeados de mates...
- CEIP Fermín bouza Brey (Ponteareas): I roteiro matemático
- CEIP P. de Guillarei (Tui): Exposición de materiais e acertixos matemáticos
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño): Matemáticas na biblioteca
- CEIP Mestres Goldar (Vigo): Matemáticas. A Alimentación. Traballando con etiquetas de alimentos envasados.
- CEIP A Pontenova (A Pontenova): Maratóns matemáticos -- 2º maratón matemático
- CEIP Ramón de la Sagra (A Coruña): Guía de lecturas matemáticas (para familias)
- CEIP de Sigüeiro (Oroso): I Xornada de Matemocións - Matemáticas& emocións
- CEIP Virxe do Carme (Burela): Para que se usan as matemáticas?
- CPI Antonio Orza Couto (Boqueixón): Venres matemáticos -- Cine e matemáticas -- 12 meses, 12 libros (de matemáticas)
- CPI da Cañiza (A Cañiza): Enigmas matemáticos - Matemáticas
- CPI San Sadurniño (San Sadurniño): Novembro de ciencia - Matemáticas -- Guía de suxestións matemáticas
- CRA Mestra Clara Torres (Tui): Matemáticas científicas para o alumnado de E.Infantil -- Orballada de pingas -- Orballo matemático 1 -- Orballo matemático 2
- IES Laxeiro (Lalín): Guía de lecturas matemáticas - O Laxeiro no País das Matemáticas - Cartaz
- IES Pazo da Mercé (As Neves): Hora de lectura e cálculo
- IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz): Biblioteca e matemáticas (varias actividades)
- IES de Porto do Son (Porto do Son): As matemáticas na nosa biblioteca
- IES Rafael Dieste (A Coruña): Exposición de materiais -- Exposición, chistes e enigmas
- IES de Ribadeo (Ribadeo): Algúns números nas nosas letras -- Ilustrando o texto "suspenso en matemáticas, de Riveiro Coello
- IES A Xunqueira II (Pontevedra). Concurso: Mide o teu enxeño -- Proba 1 -- Proba 2
Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas
ENTUSIASMO E PROXIMIDADE SON A CLAVE DA DIVULGACIÓN CIENTÍFICA. Ángel Carracedo.
Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento.
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.