Son moitas e moi variadas as propostas que desde os Equipos de Biblioteca, en colaboración ás veces cos equipos de Normalización Lingüística, se lle están facendo á rapazada co gallo do 14 de febreiro, data que (sendo estritamente comercial) ben se pode mudar nunha oportunidade para atraer ao alumnado á lectura e á escritura. Un modo contundente de recoller os seus intereses a, a partir deles, incentivar máis usos de cultura escrita. Algúns exemplos:
- CPI O Progreso (Catoira, Pontevedra): O amor en 10 palabras
- IES Rafael Dieste (A Coruña): O corazón partido (selección poética e xogo de busca)
- IES O Mosteirón (Sada, A Coruña): Certame Amor? Amor!... en 100 palabras
- IES Castro da Uz (As Pontes, A Coruña): V Concurso de Caligramas
- CEIP Andrade (Pontedeume, A Coruña): Lecturas con corazón
- CPI San Vicente (A Baña, A Coruña): Declaracións de amor con humor - I mostra de debuxo: E ti, a quen queres máis?
- IES Poeta Añón (Outes, A Coruña): Cada ovella coa súa parella (amor e cómic)
- IES de Poio (Poio, Pontevedra): selección poética, MIEL E UN POEMAS DE AMOR
- IES de Fene (Fene, A Coruña): LECTURAS CON AMOR - POEMAS DE AMOR
- CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos, A Coruña): Lecturas con corazón
- IES San Paio (Tui, Pontevedra): Certame "Biografías de amores e desamores"