Banco de experiencias

Traballos seleccionados no V Concurso de Traballos por Proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar

 

Está xa publicada no Portal Educativo a resolución do V CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS, realizados durante o curso 2017/2018, coordinados desde a biblioteca escolar ou realizados co seu apoio. Seleccionáronse 19 traballos de entre os 102 presentados desde diferentes centros. Algunhas categorías ficaron desertas pero distribuíronse os premios  dispoñibles seleccionando máis centros de modalidades con moita participación e alto nivel de calidade. 

O impulso de moitas bibliotecas galegas, coordinando proxectos de carácter interdisciplinario para o tratamento de contidos curriculares específicos de materiais (ou transversais), están propiciando profundos cambios nas dinámicas de traballo dos centros e nos usos dos espazos educativos, na distribución dos horarios e dos grupos, no aproveitamento dos recursos físicos e tecnolóxicos; tamén nos recursos inmateriais (a cultura do medio), o que fai agromar unha cultura participativa, colaborativa, emancipadora do alumnado, complexa na súa concepción pero que proporciona unha formación integradora, con tarefas esixentes para o alumnado, o que enriquece a súa experiencia e carga a súa mochila de aprendizaxes moi diversos, máis aló do que podería facer unha formación pegada a prácticas vinculadas ao exclusivo uso do libro de texto. Parabenizamos ás comunidades educativas que botan a andar estas experiencias, e a o profesorado que as impulsa, deseña, guía, enriquece coa súa profesionalidade e a súa experiencia, e ademais as dá a coñecer para beneficio de todos. Existen tamén excelentes exemplos de prácticas de investigación nas modalildades de grupo/nivel ou ciclo/departament, así como traballos realizados na materia de libre configuración de secundaria  "Investigación e Tratamento da Información" ("Aprender a investigar", en Primaria), que poden servir de orientación para outros proxectos. Da mesma forma, os proxectos de investigación intercentros son unha práctica que cómpre estender e que pode dar lugar a experiencias educativas moi enriquecedoras. 

 

Modalidade

Temática

Centro Seleccionado

Concello

Provincia

Proxecto

1.
Proxectos Documentais integrados, coordinados desde a biblioteca escolar

Xenérica

IES
P. Aquis Celenis

Caldas
de Reis

Pontevedra

A biblioteca
aumentada: más alá d’Os nenos da varíola

CEIP
Alfonso D. Rodríguez Castelao

Vigo

Pontevedra

Palabras que trae o
mar

CEIP
de Cervo

Cervo

Lugo

Cervo alén de Europa

CEIP
de Leirado

Salvaterra
de Miño

Pontevedra

LeirARTE: mirar
pensar, crear

CEIP
P. Meaño-As Covas

Meaño

Pontevedra

Construímos con
Coviña

CEIP
Nicolás del Río

Cedeira

A
Coruña

Crónicas...”  Atalaia do museo Mares de Cedeira

Ciencias

IES
Pedra da Auga

Ponteareas

Pontevedra

Clepsidra. A Sacra
Orde do ALFIN

IES
Francisco Aguiar

Betanzos

A
Coruña

Ciencia en feminino.
A muller na ciencia e a tecnoloxía.

CEIP
Valle-Inclán

O
Grove

Pontevedra

Experimento VI:
ciencia e tecnoloxía

CEIP
de Barouta

Ames

A
Coruña

Somos o que comemos

2.a.
Proxectos de investigación de grupo/nivel

Xenérica

IES
Punta Candieira

Cedeira

A
Coruña

LÓVA dende a
Biblioteca Escolar como base e recursos

IES
Celanova Celso Emilio Ferreiro

Celanova

Ourense

Consortes conSorte?

Ciencias

CEIP
P. Condesa de Fenosa

O
Barco

Ourense

Explorando a Galaxia
3B-nus

2.b.
Proxectos de investigación de ciclo/departamento

Xenérica

CEIP
da Torre-Cela

Bueu

Pontevedra

Desenterrando os
nosos tesouros: A illa de Ons

CEIP
Frián-Teis

Vigo

Pontevedra

Cíes, o noso
Patrimonio

2.c
Proxectos realizados na materia de 1º /2º de ESO “Investigación e tratamento
da información” ou noutras materiais equivalentes en ESO ou primaria

Xenérica

IES
Xoán Montes

Lugo

Lugo

De primeira (-s)

CPI
San Vicente

A
Baña

A
Coruña

Facendo escola.
Proxecto multimedia

3.
Proxectos de investigación intercentros

Xenérica
ou científica

CEIP
Nicolás del Río

Cedeira

A
Coruña

De festas pola Vila!

IES
Punta Candieira

Cedeira

A
Coruña

De festas pola Vila!

 

Traballos seleccionados no IV Concurso de Traballos por Proxectos

CEIP Meaño-As Covas

 

O Portal Educativo publicou onte a Resolución do 4 de decembro de 2017 pola que se dan a coñecer os traballos seleccionados no IV Concurso de Traballos por Proxectos, convocado pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para o pasado curso 2016/2017. A este concurso candidatáronse un total de 102 traballos e foron seleccionados un total de 21 proxectos.

O IV Concurso de Traballos por Proxectos, coordinados ou realizados co apoio da biblioteca escolar, é unha iniciativa integrada no Plan LÍA 2016/2020 de bibliotecas escolares. No desafío nº 11 deste Plan, denominado"Aprendizaxes por proxectos e outras metodoloxías activas" recollese o interese por "propiciar o emprego dos recursos e servizos da biblioteca escolar no desenvolvemento das prácticas cotiás, con apoio preferentes ás metodoloxías activas e colaborativas". Este certame é unha das iniciativas contempladas para traballar neste ámbito. Búscase estimular, mediante o recoñecemento de boas experiencias de traballos por proxectos, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación do equipo de biblioteca escolar ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ABP), realizados en centros públicos non universitarios.

No seguinte cadro pódese acceder ás memorias presentadas polos centros que finalmente foron galardoados neste certame:

Modalidade

Temática

Centros Premiados

Concello

Provincia

Título

1. Proxectos Documentais integrados, coordinados
desde a biblioteca escolar

Xenérica

EEI Barrionovo

Arteixo

A Coruña

Non somos robots

CEIP Nicolás del Río

Cedeira

A Coruña

Mares de Cedeira

CEIP Milladoiro

Malpica de B.

A Coruña

Pintamos moito!

CEIP P. de Meaño-As Covas

Meaño

Pontevedra

Encende Tele Coviña

IES Faro das Lúas

Vilanova de Arousa

Pontevedra

Buscando a Valle

CEIP P. Sobreira Valadares

Vigo

Pontevedra

Con Vigo na maleta

Ciencias

CEIP Virxe do Corpiño

Begonte

Lugo

Faiuco é astronauta

CEIP de Leirado

Salvaterra de Miño

Pontevedra

Quen sementa, recolle

IES Castro Alobre

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

Descubrimentos e inventos

2.a. Proxectos de
investigación de grupo/nivel

Xenérica

CEIP Enrique Barreiro Piñeiro

Cambados

Pontevedra

Proxecto comedor

EEI Concepción Crespo Rivas

Pontevedra

Pontevedra

Pequenos artistas, grandes obras

Ciencias

IES Celanova Celso Emilio Ferreiro

Celanova

Ourense

3D: do cicel á impresora

CEIP Nosa Señora dos Remedios

Ponteareas

Pontevedra

Pitiños: un proxecto do ovo á galiña

2.b. Proxectos de
investigación de ciclo/departamento

Ciencias

CIFP Coroso

Ribeira

A Coruña

Colleitadores

2.c Proxectos realizados na
materia de 1º /2º de ESO “Investigación e tratamento da información” ou
noutras materiais equivalentes en ESO ou primaria

Ciencias

CEIP Quintela

Moaña

Pontevedra

Día da Ciencia en Galego en 4º de Primaria

3. Proxectos de investigación intercentros

Xenérica
ou científica

CEIP Francisco Vales Villamarín

Betanzos

A Coruña

Descubrindo as cores do mundo. Unha viaxe en globo

EEI de Fontelo

Coirós

A Coruña

Descubrindo as cores do mundo. Unha viaxe en globo

EEI de Coirós de Arriba

Coirós

A Coruña

Descubrindo as cores do mundo. Unha viaxe en globo

IES P. Fontexería

Muros

A Coruña

Atrevéndonos a valorar o valioso

CEIP Felipe de Castro

Noia

A Coruña

Atrevéndonos a valorar o valioso

CEIP P. Pepe de Xan Baña

Santa Comba

A Coruña

Atrevéndonos a valorar o valioso

Novos artigos sobre bibliotecas escolares na Revista Eduga de Xuño 2017

A Consellería de Cultura, Educación e O.U. vén de facer público o novo número da Revista Galega do Ensino (EDUGA), que conta cunha sección fixa de Bibliotecas Escolares con tres sub-seccións: Biblioteca escolar, Boas prácticas e Hora de ler. Neste número 73 de Xuño de 2017 publícanse un total de 8 artigos e unha entrevista relacionados con biblioteca escolar e lectura. Unha revisión destes artigos, e do resto de traballos publicados en números anteriores da revista, serve para achegarse á viva realidade das bibliotecas escolares galegas, auténticos motores de innovación pedagóxica na última década: 

 

 

“Nas propostas lectoras para os clubs teñen que asumirse riscos”
   Val dos libros, club de lectura do IES de Ponte Caldelas: percorrendo camiños
   

Biblioteca escolar, abrindo novos camiños
   O traballo por proxectos nunha escola rural
   

Traballando as competencias clave e a creatividade desde a comunicación audiovisual a partir de centros de interese
 

Unha experiencia coa robótica na biblioteca e nas aulas
   O proxecto documental integrado na biblioteca como motor de cambio metodolóxico na escola
   

A experiencia da integración da biblioteca no ciclo superior de Educación Infantil
   Inclusión, a necesidade de romper barreiras nas bibliotecas escolares

Letras Galegas todo o ano nas bibliotecas escolares, en maio tamén.

 

 

Achégase o día grande das Letras Galegas e as bibliotecas escolares, neste ano 2017, incorporan a Carlos Casares ao seu equipo de biblioteca, pois hai na súa obra textos fantásticos para poñer nas mans de nenos e nenas, textos para cuestionar o mundo cos adolescentes, textos para a reflexión e mirada diverxente, textos para facer lectores en galego. Desde pequeniños, que así nolo demostran na EEI de Barrionovo (Arteixo), onde fixeron "acuarelas para Carlos Casares" como a que ilustra esta entrada. Velaquí algúns exemplos de actividades nas bibliotecas escolares galegas nestes días de maio de 2017:

Telexornal "Carlos Casares" desde o CPI dos Dices

Desde o CPI Plurilingüe dos Dices  (Rois, A Coruña) chéganos, como en anos anteriores, o telexornal adicado á figura homenaxeada no Día das Letras Galegas. Neste ano 2017 as nenas e os nenos implicados nesta experiencia de educación mediática traballaron sobre CARLOS CASARES, baixo a dirección do profesor Luís Aldegunde, e preséntannos un documento imprescindible para chegar a coñecer o escritor e a súa obra. Parabéns por este excelente proxecto e pola súa estabilidade no tempo, un exemplo de que non hai que andar mudando de idea cada día para ofrecer innovación no ámbito educativo.

CEIP de Rubiáns: Robótica na biblioteca

Robótica na biblioteca
Ao fío do Proxecto "Escornabots na biblioteca escolar" o CEIP de Rubiáns achéganos o traballo que están a desenvolver coa robótica na biblioteca: http://bibliotecarubians.blogspot.com.es/2017/03/robotica-na-biblioteca.html

CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña: TODOS SOMOS MAKER! Obradoiros maker internivel

Dende o CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña achégannos unha experiencia internivel innovadora dentro do Proxecto "Escornabots na biblioteca escolar": Obradoiros maker internivel.

"Como todos somos maker e neste cole nos encanta mezclarnos @s peques c@s maiores, organizamos uns obradoiros maker internivel. Mezclados por idades, dende os 3 aos 12 anos, pasamos unha divertida e interesante xornada, na que ademais de aprender, ampliamos as nosas posiblidades de xogo no recanto maker.

Os obradoiros elexidos foron 6, 4 relacionados cos escornabots e a programación, onde puxemos a proba aspectos matemáticos e creatividade. Un de littleBits, onde animamos ao Mago Fuco, e outro no que fixemos un proxecto maker que puidemos elaborar con material do máis cotiá, unha man robótica. Porque para ser maker non fai falta gran cousa, so moita imaxinación e creatividade."

CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña: Recanto maker

Recanto maker
 
Dende o CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña achégannos as seguintes experiencias integradas no Proxecto "Escornabots na biblioteca escolar":
 
Puxemos a andar decentemente o noso recanto maker, gracias ao pulo recibido por entrar no Proxecto Escornabots de Bibliotecas Escolares, si nos pareceu pertinente facer un oquiño para ensinarvos algunhas cousiñas do que estivemos a facer. Deixámosvos unha serie de entradas nas que fomos publicando o feito en torno ao recanto e ao que representa:

Materiais dos Encontros PLAMBE 2016/2017 en RedeBE

 
 
 
 
 
Celebrados os Encontros PLAMBE 2016/2017, desde a Asesoría de bibliotecas escolares se poñen a disposición de todo o profesorado interesado os materiais (presentacións e outros) das diferentes intervencións, a través do espazo Moodle RedeBE. En breve engadiranse os vídeos das diferentes sesións, así como un vídeo resume dos encontros. 
 

CEIP de Rebordáns: Entroidobot

Despois dun traballo de investigación na Biblioteca e na clase descubrimos o entroido de Galicia xogando co noso Escorni.

Sorry, flash is not available.


Traballos premiados no III Concurso de Traballos por Proxectos

Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares iremos dando difusión detallada dos traballos galardoados no III Concurso de Traballos por Proxectos recollidos na Resolución de 1 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, responsable desta iniciativa integrada no Plan LÍA (Lectura, Información, Aprendizaxe).

Este certame pretende "estimular, mediante o recoñecemento de boas experiencias de traballos por proxectos, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación do equipo de biblioteca escolar ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ou ABP), realizados en centros non universitarios durante o presente curso 2015/2016".  

Encádrase nas actuacións en materia de bibliotecas escolares coa intención de impulsar a existencia de bibliotecas que recollan, entre outros, “o deseño e desenvolvemento de programas para a adquisición da competencia informacional ou de uso, tratamento e produción de información nos diferentes soportes e formatos”, así como “as posibilidades que ofrece a biblioteca para a incorporación de metodoloxías innovadoras e consecuentes coas necesidades educativas actuais.”

Velaquí un cadro resume dos traballos seleccionados con acceso ás memorias de cada un dos proxectos:

Modalidade

Temática

Título

Centros

Concello

Provincia

1. Proxectos Documentais integrados, coordinados
desde a biblioteca escolar

Xenérica

 

25 anos de Pepe de Xan Baña

CEIP P. Pepe de Xan Baña

Santa Comba

A Coruña

3,2,1, Acción! Un colexio de película

CEIP de Cervo

Cervo

Lugo

Coñecemos Lobios

CEIP do Xurés

Lobios

Ourense

Aquí todos pintamos moito

CEIP P. de Meaño-As Covas

Meaño

Pontevedra

Vivir tocando o mar

CEIP Valle Inclán

O Grove

Pontevedra

As bibliolimpiadas

IES Castro Alobre

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

Científica

 

DinosauRus

CEIP Canosa-Rus

Coristanco

A Coruña

Cinturón verde

CEIP Lamas de Abade

Santiago de Compostela

A Coruña

Un universo de libros

CEIP P. A Pedra

Bueu

Pontevedra

Expericiencia

CEIP O Piñeiriño

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

2.a. Proxectos de
investigación de grupo/nivel

Xenérica

 

Coñecendo Outes

CEIP Serra de Outes

Outes

A Coruña

A Prehistoria

CEIP Feliciano Barrera

Ponteareas

Pontevedra

Científica

 

Espirais no Universo

CEIP Manuel Rodríguez Sinde

A Guarda

Pontevedra

Descubrindo a PHI

IES Mestre Landín

Marín

Pontevedra

As bolboretas

CEIP Quintela

Moaña

Pontevedra

2.b. Proxectos de
investigación de ciclo/departamento

Xenérica

 

Da cociña á mesa

CEIP Milladoiro

Malpica de Bergantiños

A Coruña

2.c. Proxectos realizados na
materia de 1º /2º de ESO “Investigación e tratmento da información” …

Xenérica

 

Prender a Luz

IES Xoán Montes

Lugo

Lugo

 

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas escolares- 2016

 

A ciencia debera estar en galego en calquera día do ano, pero como chamada de atención, ben sirva esta proposta de celebrar un mes dedicado á ciencia en galego nas bibliotecas; tamén nas bibliotecas escolares. Velaquí algunhas das actividades que se levan a cabo nos centros galegos integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, por mor desta proposta normalizadora: 

 

Pola súa parte, desde a Asesoría de bibliotecas escolares mantéñense estes dous espazos con recursos para a ciencia en galego: 

Aprendizaxe por descubrimento, ou como facer andar ao escornabot

Andan xa os escornabots nas mans de nenas e nenos dando os seus primeiros pasos. Desde a biblioteca do CEIP do Foxo (A Estrada), achégannos varios  vídeos a través dos que podemos coñecer os avances das nenas e nenos de infantil no seu trato co pequeno robot, así como un exemplo de utilización como "axudante" de biblioteca: 

Outros vídeos de interese:

OUTRAS EXPERIENCIAS:

+ información

III Concurso de Traballos por Proxectos. Convocatoria curso 2015/2016

O Portal Educativo publicou o 12 de abril a Convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 11 de abril de 2016, do III Concurso de Traballos por Proxectos, coordinados ou coa participación da biblioteca escolar, correspondente a traballos realizados durante o curso 2015/2016. Poderán participar os centros non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e O.U.

Establécense varias modalidades: 

  • Proxectos de carácter interdisciplinario (os chamados Proxectos Documentais Integrados), coordinados desde a biblioteca escolar, que conten cunha participación dun mínimo do 40% dos grupos-aula existentes no centro (ou cun 40% dos departamentos).
  • Proxectos de investigación dirixidos por profesorado dun grupo, nivel, ciclo ou departamento, coas seguintes sub-modalidades: Traballos de grup/nivel - Traballos de ciclo/departamento - Proxectos realizados na materia de libre configuración de 1º/2º de ESO "Investigación e Tratamento da Información", ou noutras materias equivalentes de ESO ou primaria.
A temática do proxecto escollida pode ser de calquera ámbito do coñecemento, pero contemplarase un apartado especial de traballos de ámbito científico. Entre as investigacións presentadas recoñeceranse un total de 18 proxectos.O prazo límite de presentación da solicitude de participación e da memoria correspondente remata o 30 de xuño de 2016.

8 de marzo, Día Internacional da Muller - 2016

 

O calendario civil ofrece oportunidades para que as bibliotecas escolares exerzan o seu papel de apoio ao desenvolvemento do currículo e ás actividades formativas de carácter "transversal" como é a educación en valores. Todos os días son días de traballo pola igualdade pero nestas datas de marzo volve ser urxente lembrar a presenza das mulleres na sociedade e preparar as alumnas (e os alumnos) para exercer os seus dereitos nunha sociedade máis xusta. 

Comezan a chegar novas das actividades nas bibliotecas escolares galegas  arredor desta data:

Bibliotecas Escolares no novo número da revista EDUGA

 
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de facer público o número 70 da súa Revista de Educación, EDUGA, correspondente ao segundo semestre de 2015. Coma nos números anteriores, este último EDUGA contén unha sección de Bibliotecas Escolares con varias subseccións (Biblioteca escolar, Boas prácticas, Hora de ler) e, en conxunto, un bo feixe de experiencias en relación co fomento da lectura, o traballo interdisciplinar apoiado e impulsado desde a biblioteca escolar, o voluntariado cultural na biblioteca, a alfabetización informacional, a formación audiovisual, o fondo local, os clubs de lectura, os acompañamentos lectores, ou a adaptación do modelo de biblioteca aos centros con especiais características como son os centros que albergan fundamentalmente ciclos formativos ou alumnado con necesidades específicas de aprendizaxe.
Pódense consultar os artigos directamente nas seguintes ligazóns: 

10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos, nas bibliotecas escolares

Entre os moitos "días D" do calendario civil o 10 de decembro é un dos máis siginificativos en termos educativos e así o entenden as bibliotecas dos centros, que aproveitan esta data para lembrar o imprescindible: a norma da que se dotou a humanidade para poder seguir avanzando na construción dunha sociedade máis xusta para todas e todos. En momentos coma estos, lembrar os Dereitos Humanos é insoslaiable. Así, por exemplo, desde a biblioteca do IES Manuel García Barros (A Estrada), achégannos un documento elaborado para dar a coñecer a realidade dos albinos en Tanzania, unha mostra do moito que queda por facer en materia de dereitos humanos en distintos lugares do mundo.

 

 

Algunhas outras propostas desde bibliotecas escolares galegas:

  •  IES Lucus Augusti: Conmemoriación do Día dos Dereitos Humanos
  • IES Manuel García Barros (A Estrada): Dereito á educación - Día dos Dereitos Humanos
  • IES Santiago Basanta Silva (Vilalba): Dereitos Humanos (exposición de fondos, guía de lectura, guía de películas, música sobre dereitos humanos, actividades...) 
  • IES Xoán Montes (Lugo): Día dos Dereitos Humanos