Inicio
Nota informativa do 23 de xuño de 2020
Orde do 12 de xuño de 2020 pola que se deixa sen efecto a Orde do 2 de marzo de 2020 pola que se convocan axudas para realizar actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (Diario Oficial de Galicia número 50, do 13 de marzo), como consecuencia da situación provocada polo COVID-19.
Presentación de solicitudes suspendida
Segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 interrómpense o prazo para a presentación de solicitudes deste procedemento. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.
A Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional convoca 200 prazas, 100 para 3º ESO e 100 para 4º ESO, para realizar actividades de formación STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) en lingua inglesa no ano 2020.
Poderán solicitar estas actividades o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, que curse 3º ou 4º de ensinanza secundaria obrigatoria no réxime xeral.
As datas, lugar e destinatarios destas actividades móstrase na táboa seguinte:
Quenda | Lugar | Datas | Idioma | Nº de alumnado | Curso |
1ª | CRD A Coruña | 16-22 agosto de 2020 | Inglés | 100 | 3º ESO |
2ª | CRD A Coruña | 23-29 agosto de 2020 | Inglés | 100 | 4º ESO |
O inicio do procedemento de solicitude realizarase a partir da aplicación dispoñible na páxina web: https://www.edu.xunta.gal/axudasst/, non sendo válidas as solicitudes que non procedan deste xeito.
O formulario de solicitude atoparase a partir do menú "2. Solicitar axuda"
Prazo de solicitude: desde o 14 de marzo ata o 13 de abril do 2020 (incluídas estas datas)
CONSULTAS:
Web da convocatoria: https://www.edu.xunta.gal/axudasst/
Correo electrónico: stemweek@edu.xunta.gal
Atención telefónica:
881997494 - 881997419 - 981546571 - 981546514