Inicio

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2025

NOTA INFORMATIVA DO 18 DE MARZO DE 2025

Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes detalladas a continuación e ábrese un prazo de 10 días hábiles (fin de prazo 1 de abril) para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.

  • Listaxe de solicitudes admitidas, solicitudes que precisan emendas e solicitudes excluídas: DOCUMENTO LISTAXES

Pode consultar o seu código de solicitude a través do menú "3. Estado Solicitude".

 

Para as solicitudes incorrectas que precisen emenda nalgún aspecto, a documentación que se require poderá consultala a través do menú "3. Estado Solicitude".

Deberá presentar a través da Sede Electrónica a documentación que se require. Para anexar a documentación siga os pasos indicados nesta guía: Guía presentación en Sede Electrónica e corrección/emendas

Para asegurarse de que a súa documentación requirida está correctamente presentada, debe poder descargarse dende a Sede Electrónica o recibo de presentación desta.

No caso de que en estado de "solicitude incorrecta" se requira o Anexo II, este poderá descargarse aquí: Anexo II / Indicacións para cubrir o anexo II

No caso de ter xa remitida a documentación que se require nas últimas dúas semanas, non é necesario que a volva a enviar.

 

O estado das solicitudes irá cambiando segundo se comprobe a documentación achegada. As listaxes publicadas no día de hoxe non variarán aínda que cambie o estado da súa solicitude (comprobando a través do menú "3. Estado Solicitude").

Lembramos ás persoas solicitantes que a documentación complementaria achegada non se valida automaticamente e deberá esperar a que o persoal encargado da validación leve a cabo ese trámite para que o estado da solicitude cambie.

Non se notificarán os cambios de estado por correo electrónico nin telefónicamente. Para consultar o estado da súa solicitude debe acceder ao menú "3. Estado Solicitude". (Art. 13 da Orde de convocatoria)

IMPORTANTE: É preciso identificarse para acceder ao menú "3. Estado Solicitude"

___________________________________________________________________________________________________________________________________________________

 

NOTA INFORMATIVA DO 4 DE MARZO DE 2025

O día 3 de marzo rematou o prazo de presentación de solicitudes. Unha vez finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, publicaranse as primeiras listaxes e abrirase un prazo de 10 días hábiles para emendar erros e presentar a documentación requirida.

Comprobe periodicamente o estado da súa solicitude no menú "3. Estado de solicitude" . Se o estado da súa solicitude figura como "Solicitude incorrecta", pode presentar a documentación que se lle require antes da publicación das listaxes.

 

Explicación dos estados:

- "Sede Electrónica: asinado" quere dicir que a solicitude (Anexo I) foi asinada e presentada na Sede.

- "Sede Electrónica: borrador" quere dicir que non se asinou a solicitude (Anexo I) na Sede e non figura como presentada. 

- "Sede Electrónica: EnEdición" quere dicir que a solicitude (Anexo I) non se enviou á Sede dende o aplicativo. 

"En trámite" - Quere dicir que aínda non se comprobou a solicitude presentada.

"Solicitude descartada" - Non cumpre algún dos requisitos para participar nesta convocatoria. Indícase o motivo.

"Solicitude validada" - Indica que xa se comprobou a solicitude e esta é correcta. Nalgúns casos, un texto sinalará as condicións de validación.

"Solicitude fóra de prazo"

"Solicitude incorrecta" - Figura un texto coa documentación que se requireDeberá presentar a través da Sede Electrónica a documentación que se require. Para anexar a documentación siga os pasos indicados nesta guía: Guía presentación en Sede Electrónica e corrección/emendas

No caso de que en estado de "solicitude incorrecta" se requira o Anexo II, este poderá descargarse aquí: Anexo II / Indicacións para cubrir o anexo II

 

Actualmente as solicitudes están sendo validadas e cómpre lembrar ás persoas solicitantes que non contamos con datas estimadas para cada publicación, polo que esa información non será facilitada telefonicamente.

Toda a información pública da que dispoñemos está publicada nesta mesma páxina, que se vai actualizando periodicamente mediante notas informativas (Art. 13 da Orde de convocatoria)

As datas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado (Art. 2 da Orde de convocatoria)

Pode consultar os seguintes pasos do proceso nos seguintes documentos:

Acceso ao texto da Orde de convocatoria AXUDASLE 2025

Cartel informativo

Preguntas frecuentes 

___________________________________________________________________________________________________________________________________________________

 

NOTA INFORMATIVA DO 13 DE FEBREIRO DE 2025

Lamentamos comunicar que a actividade de Portugal quedou deserta no procedemento de licitación, xa que ningunha empresa presentou oferta para levar a cabo o programa neste destino.

Segundo se indica na ORDE do 24 de xaneiro de 2025 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2025 destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B), no seu artigo 2, punto 5º: A realización do programa de actividades de formación en linguas estranxeiras durante o ano 2025, polo que se convocan as presentes axudas, queda condicionada á adxudicación do procedemento de licitación polo que se seleccionarán e contratarán as empresas referidas no punto 3 deste artigo.

Polos motivos sinalados, o aplicativo non permite seleccionar a opción de Portugal ao cubrir a solicitude.

___________________________________________________________________________________________________________________________________________________

NOTA INFORMATIVA DO 3 DE FEBREIRO DE 2025

Prazo de solicitudes aberto dende o 4 de FEBREIRO ata o 3 de MARZO (incluído)

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca 647 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2025. 

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que se indican na seguinte táboa:

 

Documentos e guías de axuda:

Acceso ao texto da Orde de convocatoria AXUDASLE 2025

Cartel informativo

Guía presentación en Sede Electrónica e corrección/emendas

Preguntas frecuentes 

Indicacións para cubrir o anexo II

Anexo II

 

O inicio do procedemento de solicitude realizarase a partir da aplicación dispoñible na páxina web do programa (https://www.edu.xunta.gal/axudasle), non sendo válidas as solicitudes que non procedan deste xeito.

   A solicitude (Anexo I) presentarase obrigatoriamente a través da Sede Electrónica

- Será necesario dispor de calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia ou Chave365.

- Entrarase ao formulario normalizado da aplicación AXUDASLE www.edu.xunta.gal/axudasle, a través da opción do menú “2. Realizar solicitude”.

- Cubra o formulario normalizado e, unha vez cuberto, seleccione o botón “Validar e despois “Pechar e enviar a Sede”. Para acceder directamente á Sede, pode pinchar o botón “Ir a Sede Electrónica”.

- Deberase remitir como documento adxunto o Anexo II para o cal, tras imprimilo, cubrilo e asinalo, deberá converterse a formato pdf antes da súa remisión.

- A solicitude só se considerará presentada a través da súa sinatura na Sede Electrónica (https://sede.xunta.gal/)

O resto da documentación remitirase en formato pdf como documentación adxunta: Guía presentación en Sede Electrónica e corrección/emendas

 

CONSULTAS

Web da convocatoria: https://www.edu.xunta.gal/axudasle

Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.gal

Atención telefónica só para resolución de dúbidas que non figuren nas NOTAS INFORMATIVAS, documentos e guías de axuda publicadas nesta mesma páxina:

Horario de luns a venres: 9:00h - 14:30h

881997426 – 881996112 -  981540287 - 981597425 -  981957537 - 881997497 - 981957538 - 981546544 -