Ampliación do prazo de presentación de solicitudes no concurso de directores 2023/2024
Xov, 27/04/2023 - 10:16
Xúntase a Orde do 25 de abril pola que se modifica a Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Así mesmo informase da ampliación do prazo de presentación de solicitudes e documentación ata o vindeiro día luns 8 de maio.