Proceso de admisión a ciclos formativos de formación profesional. Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2022-2023
Ven, 08/07/2022 - 10:04
Publicadas listaxes provisionais de solicitantes de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia.
O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde as 9:00 horas do venres 8 de xullo ata as 13:00 horas do martes 12 de xullo de 2022.
A reclamación deberase realizar empregando o asistente informático que pode atopar en Servizos en liña.