Convocatoria para a selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de EP e de ESO durante o curso 2022/23
Mér, 29/06/2022 - 15:17
Resolución do 29 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, polo que se regula a convocatoria e selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2022/23.
- O prazo para presentar solicitudes será desde o 30 de xuño ata o 9 de setembro de 2022, incluídos.
Acceso á aplicación para realizar a solicitude: Acceso á aplicación