Alerta de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h
A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100 km/h, que comezará mañá, venres día 19.02.2021 ás 12.00 horas. Este adverso afectará á zonas de predición meteorolóxica do oeste e suroeste de A Coruña. Además, a partir das 18h tódala provincia de Pontevedra, a Mariña Lucense e a Montaña de Ourense entrarán no aviso LARANXA
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:
1. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.
2. A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.