Título node Learning object
O Plan de igualdade (ou plan coeducativo) é un documento programático a través do cal os centros educativos poden recoller as medidas de acción positiva para abordar a promoción da igualdade entre mulleres e homes e para sensibilizar, previr e intervir fronte á violencia machista, que inclúe a violencia de xénero e a LGBTIfobia.
Coa finalidade de renovar os esforzos por construír un modelo educativo que rompa coa transmisión dos estereotipos e cos roles de xénero que perviven na sociedade, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar unha instrución para que os centros educativos elaboren o seu propio plan de igualdade co fin de trasladar á documentación do centro a lexislación educativa en materia de igualdade. Así pois, trátase de incorporar o modelo coeducativo ao modelo pedagóxico do centro co fin de avanzar na consecución do principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no ámbito educativo.
Para afondar sobre os plans coeducativos pódese consultar a seguinte documentación (as referencias ordénanse desde as máis recentes):
- Guía para la construcción del plan de igualdad de género en centros educativos de Extremadura (2021), Goberno de Extremadura.
- Materiais para a coeducación. Claves para a elaboración Plan de coeducación nun centro de ensino [2019]. CIG-Ensino. [50 páx.]
- Orientaciones para el diseño y la implementación del Plan de Igualdad en los centros públicos (2018). Gobierno de Canarias.
- Educación para la igualdad de género. Un modelo de evaluación (2018). Centro Reina Sofía sobre Adolescencia y Juventud (FAD). [75 páx.]
- Educación en igualdad. Propuesta metodológica sobre coeducación (2015). Colección Plurales. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. [128 páx.]
- Guía de apoio para introducir a perspectiva de xénero na docencia da Universidade de Vigo (2014). Universidade de Vigo
- Guía para a xestión de proxectos coeducativos (2009). Xunta de Galicia. [102 pax.]
- Orientaciones para los y las agentes de igualdad en los Consejos Escolares (2009). Gobierno de Canarias [6 páx.]
Para afondar sobre a fenda de xénero no ámbito educativo pódese consultar esta nova no portal de Igualdade.
Se necesita recibir asesoramento sobre a elaboración do plan pode contactar coa Asesoría de Igualdade da Consellería de Educación:
Mónica Baleirón
asesoria.igualdade@edu.xunta.gal
881 997 598