×

Mensaxe de erro

  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->load() (liña 175 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).
  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->cacheGet() (liña 391 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).

Alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por vento e acumulacións de neve

Mar, 17/01/2023 - 14:06

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por acumulacións de neve por riba dos 20 cm, que comezou na mañá do martes día 17.01.2023 e prolongarase ata as primeiras horas do xoves 19.01.2023. Este adverso afectará á zonas da montaña de Lugo e Ourense. No sur de Ourense o aviso laranxa comeza a partir das 12h do día 17.01.23 e prolongarase ata as primeiras horas do xoves 19.01.2023.

O aviso será amarelo no mesmo período horario nas áreas: Interior de A Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras.

O listado de concellos pertencentes a cada zona meteorolóxica se detallan no ANEXO deste acta.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

  1. A SUSPENSIÓN do transporte de escolares DURANTE TODO o MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición das montañas de Lugo e Ourense.
  2. Manter a SUSPENSIÓN do transporte de escolares o MARTES 17 na XORNADA DE TARDE, para os centros educativos con horario de maña e tarde, situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxicas do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras.

NOTA: O alumnado que contou con transporte escolar de ida en horario de mañá nestas zonas, contará con transporte de retorno no horario habitual. A suspensión rexerá só para o horario de ida e volta ao centro en horario de tarde.

  1. A SUSPENSIÓN do transporte de escolares DURANTE O MÉRCORES 18 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición das montañas de Lugo e Ourense e o sur de Ourense, con seguimento das condicións meteorolóxicas nas zonas do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense e Valdeorras.
  2. Por parte da autoridade Educativa comunicarase esta incidencia aos directores dos centros escolares e ás empresas de transporte, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimentos dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá o adverso.
  3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares. Adicionalmente extremaranse as condicións de circulación do transporte con seguimento das condicións climáticas.

 

Menú Advertisement

Alertas e avisos

Sen términos