Publicación da adxudicación provisional do concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2018
De acordo co establecido na base vixésimo novena da Orde do 24 de outubro de 2017 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (Diario Oficial de Galicia nº 210, do 6 de novembro), o persoal concursante poderá presentar reclamacións á resolución provisional no prazo de 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Igualmente, e no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia a súa participación no concurso.
As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non facelo, poderían obter destino na resolución definitiva.
O prazo para reclamacións e renuncias, é o comprendido entre o día 21 de febreiro e o 2 de marzo, ambos incluídos.
As ditas reclamacións e renuncias presentaranse polos procedementos aos que alude a base vixésimo segunda da orde e remitiranse ademais por correo electrónico a:
Primaria: correo electrónico persoal.primaria@edu.xunta.es.
Secundaria: correo electrónico persoal.secundaria@edu.xunta.es
Pode consultarse a adxudicación provisional na aplicación https://www.edu.xunta.gal/cxt/ (Listaxe concurso > Listaxe de resolución)