×

Mensaxe de erro

  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->load() (liña 175 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).
  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->cacheGet() (liña 391 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).

Fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL LARANXA, durante o día 10 de xaneiro de 2018

Mar, 09/01/2018 - 14:45

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL LARANXA, durante o día 10 de xaneiro de 2018, a partires das 9:00 h ata as 19:00, por fortes rachas de vento, que afectarán ás zonas de predición meteorolóxica Coruña Noroeste e Mariña Lucense.

Adicionalmente, a Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL AMARELO, durante o día 10 de xaneiro de 2018, a partires das 06:00 h ata as 19:00, por nevaradas, que afectarán as zonas de predición meteorolóxica montaña de Lugo, montaña Ourense e sur Ourense.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas, acordou o seguinte:

  1. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR E EXTRAESCOLARES o día 10 de xaneiro de 2018 nos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica da Coruña Noroeste e Mariña Lucense.

  2. Adicionalmente, polo adverso de nevaradas de nivel amarelo o día 10 de xaneiro de 2018, a NON SUSPENSION DE actividade docente nin do transporte escolar nos centros escolares das zonas de montaña de Lugo montaña Ourense e sur Ourense, con seguimento das condicións meteorolóxicas.

  3. Por parte da autoridade Educativa comunicarase esta incidencia ás direccións dos centros escolares, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimentos dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverán os adversos.

  4. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente.

Menú Advertisement

Alertas e avisos

Sen términos