Recollida de documentación do concurso xeral de traslados 2017
Mar, 10/10/2017 - 09:45
As publicacións presentadas para a baremación no Concurso xeral de traslados poderán ser recollidas desde o día 16 ata o 27 de outubro en horario de 9,00 a 14,00 nos locais da Inspección educativa no enderezo seguinte: San Lázaro, 107 (Rúa da Besada) - 15703 Santiago de Compostela.
A documentación pode ser recollida polos interesados ou por unha persoa autorizada.