×

Mensaxe de erro

  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->load() (liña 175 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).
  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->cacheGet() (liña 391 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).

Bolsa de solicitantes de intercambios provisionais de destino para o profesorado de Ensinanza Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Ven, 15/09/2017 - 14:00

Faise pública a bolsa de Intercambios Provisionais da que forma parte o profesorado de Ensinanza Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial que estea interesado en levar a cabo un intercambio provisional do seu destino con outro profesorado que reúna os requisitos para ocupalo segundo o que establece a Orde do 17 de xuño de 2017 pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Para formar parte desta bolsa, o persoal interesado deberá formular unha solicitude remitindo por correo electrónico ao enderezo persoal.secundaria@edu.xunta.es o modelo normalizado que figura a continuación. Non se admitirán solicitudes de inclusión da bolsa que se realicen por calquera outro medio. Unha vez cuberto o modelo de solicitude, este debe imprimirse para poder gardar os datos escritos. A impresión pode facerse cunha impresora virtual que xerará un ficheiro en formato PDF. Esta impresora virtual pode descargarse no enderezo http://pdfcreator.es/

Para máis información poderá poñerse en contacto co Servizo de Profesorado de Ensinanza Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial no enderezo de correo electrónico antes citado ou nos números de teléfono 981545409, 981957910, 981544486.

Menú Advertisement

Permutas

Sen términos