Convocatoria de Proxectos de Formación de FP 2014
Está publicada a convocatoria de Proxectos de Formación para o profesorado de Formación Profesional (PFFP) para o curso 2014-15. Esta modalidade de formación se desenvolve nos propios centros educativos para favorecer e estimular o traballo en equipo do profesorado, sendo os propios solicitantes os que deseñan a actividade. Isto permite dar resposta a necesidades puntuais de formación , detectadas nos distintos departamentos dos centros educativos, e que non foron cubertas na oferta de cursos do Plan Anual de Formación. Os materiais que se consideren de calidade, elaborados o finalizar estes proxectos, serán difundidos pola Dirección Xeral de Educación , Formación Profesional e Innovación Educativa.
Entre os cambios salientables, destaca incluír como liña de actuación prioritaria a de dar cobertura ás necesidades formativas derivadas da implantación dos novos títulos de formación profesional básica.
Resumo
- Aprobaranse ata 75 proxectos
- A contía máxima é de 1500€, e poderá incluír a docencia de persoas expertas, así como material ofimático (ata 200€), bibliográfico (ata 200€) e funxible, sempre xustificándoos debidamente.
- A duración debe ser de entre 20 e 50 horas. A docencia pode ser de ata o 50% da duración total.
- Entre 4-12 profesores:
- funcionarios (non substitutos/as) dalgún dos corpos e especialidades que imparten na FP inicial.
- dun ou mais centros educativos de niveis non universitarios que impartan ensinanzas de formación profesional.
- que actualmente impartan docencia en Formación Profesional.
- que dependan da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Calendario de entrega de documentación
Documento | Onde | Antes do | Observacións |
Preinscrición | fprofe Pestana: “GT, Seminario, PFC, PFFP” | 25/10/2014 | A partires do 25/10/14 un/ha asesor/a de formación do CFR/CAFI porase en contacto co/a coordinador/a para ofrecer axuda para a elaboración do proxecto. |
Proxecto | fprofe e Orixinal no CFR ou CAFI | 15/11/2014 |
O documento se descarga dende: Proxecto Debe incluír un orzamento xustificado e detallado, e mais unha temporalización onde se especifique, de ser o caso, que sesións corresponden a docencia. |
Actas das Reunións | fprofe e CFR ou CAFI | 30/05/2015 | Cóbrense en fprofe durante o desenvolvemento da actividade, e ao termo se imprimen e asinan polo coordinador para a súa entrega no CFR/CAFI. |
Follas de Control de sinaturas | CFR ou CAFI | 30/05/2015 | A folla correspondente a cada reunión descargase de fprofe e, tras o remate da mesma, é asinada por todos os asistentes. Ao termo do proxecto deben entregarse todas no CAFI/CFR. |
Memoria final | fprofe e CFR ou CAFI | 30/05/2015 | O documento se descarga dende: Memoria final |
Acta final | CFR ou CAFI | 30/05/2015 | Descárgase de fprofe e debe vir asinado polo Xefe/a de estudos do centro sede, o/a coordinador/a e demais participantes. |
Actividade de aplicación directa na aula | fprofe | 30/05/2015 | O/A asesor/a do CFR/CAFI facilitará un documento modelo con exemplos. Deberá estar nun formato editable (.doc ou .odt) e o seu tamaño será inferior a 10MB. |
Declaración responsable | CFR ou CAFI | 30/05/2015 | O documento descárgase dende: Declaración responsable |
Facturas e Albaráns | CFR ou CAFI | 30/05/2015 | Deben vir con data posterior ao 15/03/2015. |
- A selección dos proxectos farase no mes de Novembro de 2014, e a publicación dos proxectos concedidos durante o mes de Decembro do 2014.
- Posteriormente os asesores de formación do CFR/CAFI poranse en contacto cos/oas coordinadores/as dos proxectos concedidos para acordar unha reunión de asesoramento onde se lles explicaría o procedemento de desenvolvemento do proxecto e as súas tarefas como coordinador/a.
- As sesións de traballo do grupo, poderán comezar a partires da aprobación do proxecto.
Os participantes nesta actividade, a proposta da Comisión de selección, recibirán un certificado acreditativo da súa participación no proxecto, onde constarán o número de horas de traballo realizadas. Á persoa coordinadora da actividade, poderáselle asignar ata un 30% máis do número de horas correspondentes aos participantes.