Xornadas. Proxectos e Iniciativas Bioconstruidas

Na Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos (ETSICCP), da Universidade da Coruña realizaranse as xornadas Proxectos e iniciativas bioconstruídas e a información está no arquivo achego co seguinte programa de conferencias.

  • Luns 14 de outubro.
    Módulo bioclimático de palla no CIFP SOMESO, por D. Juan Bello Llorente

  • Luns 21 de outubro.
    Proxecto Biovalvo. Valoración de cunchas de bivalvos galegos como material de construción, por Dna. Carolina Martínez García.

  • Luns 28 de outubro.
    Visita guiada ao módulo bioclimático Someso.

As conferencias desenvolveranse no Salón de actos da ETSICCP, Campus de Elviña, A Coruña.

- Cartel das xornadas