Webinario técnico sobre sistemas EDR (Endpoint Detection and Response) impartido por AMTEGA

O xoves 15 de abril tivo lugar un webinario técnico sobre sistemas EDR (Endpoint Detection and Response) impartido por expertos da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), no contexto das actividades de formación e promoción do talento en ciberseguridade levadas a cabo no ámbito do Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal. A experiencia tivo unha valoración moi positiva dos participantes e é a primeira dunha serie de charlas técnicas que se impartirán desde AMTEGA, co obxectivo de transmitir coñecemento e boas prácticas no ámbito da ciberseguridade ao profesorado e ao alumnado de FP.

Participaron profesorado e alumnado do curso de especialización en contornos das tecnoloxías da información do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol, do curso de especialización en contornos das tecnoloxías da operación do CIFP Politécnico de Santiago e de ciclos formativos da familia profesional de informática do IES Fernando Wirtz de Coruña, do IES Muralla Romana de Lugo e do IES Armando Cotarelo Valledor de Vilagarcía.