Seminario sobre ciberseguridade no CIFP Compostela

O próximo mércores 25 de maio celebrarase unha sesión formativa sobre ciberseguridade no CIFP Compostela impartida pola Unidade de Delitos Telmáticos da Garda Civil, na que formarán ao profesorado e alumnado galego en temas como a cadea de custodia, a extracción e preservación das evidencias, a seguridade en aplicacións móbiles, a análise forense en dispositivos móbiles e a protección de datos e cumprimiento normativo.

O profesorado e alumnado interesado en asistir á formación ou en seguila mediante streaming, pode solicitar acceso enviado un correo a sfp@edu.xunta.gal.