O CIFP Carlos Oroza desenvolveu na xornada do mércores 13 de xaneiro, un panel de cata de tres variedades de lapa, na Praza da Peregrina, en pleno centro de Pontevedra. Esta actividade está encadrada dentro do proxecto de innovación “Investigación e desenvolvemento de novos usos culinarios da lapa”, e se desenvolve despois de outras actividades como recollida de lapa, visita a confraría de pescadores San Xosé de Cangas e probas múltiples de diferentes tipos de elaboracións con este produto por parte do alumnado de cociña, entre outras.
O obxectivo deste panel foi o de realizar una análise sensorial coa que medir o grao de aceptación deste molusco nun consumidor potencial. Pretendíase validar o resultado do estudo de mercado desenvolvido no mes de decembro, no que se realizaron enquisas a potenciais consumidores de lapa, e que deron lugar ao deseño a medida dos produtos culinarios que se testaron a través desta análise sensorial. Para darlle validez a esta análise sensorial era necesario realizar a cata a alomenos 100 persoas, cantidade que se superou amplamente.
O panel dividiuse en dúas partes, unha profesional e unha máis informal. Na cata profesional, participaron arredor de 30 hostaleiros da cidade, especialmente convidados para esta ocasión, aos que dirixiu na análise sensorial do produto Maruxa Quiroga de Tastelab, e se testaron cualidades coma o aspecto, o olor, o sabor ou a textura das diferentes presentacións de lapa. Na cata informal, o alumnado de cociña participante no proxecto, convidou a participar aos cidadáns que pasaban pola rúa, que degustaron as diferentes elaboracións, ademáis de contestar a diferentes preguntas. Cos datos recollidos polo alumnado nas enquisas realizarase un informe que formará parte do proxecto.
Estiveron presentes como participantes do proxecto de innovación o profesorado do CIFP Carlos Oroza, Tastelab e a Confraría de pescadores San Xosé. A concelleira de turismo de Pontevedra participou na cata informal de lapa.