Presentación da 3ª edición da incubadora High Tech Auto

O vindeiro día 8 de novembro celebrarase un evento en liña dirixido a centros de Formación Profesional no que se fará unha breve presentación da 3ª edición da incubadora empresarial High Tech Auto (HTA). Neste evento, que contará coa presenza do Subdirector Xeral de Formación Profesional, exporanse os obxectivos, o funcionamento da incubadora e os prazos para a presentación de ideas nesta convocatoria.

A incubadora HTA é unha iniciativa froito da colaboración entre a Xunta de Galicia, o consorcio da Zona Franca de Vigo e a Fundación INCYDE, para o desenvolvemento de ideas empresarias no ámbito do sector da automoción, do sector auxiliar de compoñentes e dos servizos avanzados para a industria da automoción.

O evento está aberto a todo o profesorado e alumnado, especialmente daquelas familias profesionais relacionadas co sector da automoción.