Entrega dos Premios de Calidade e Innovación en Formación Profesional

O director xeral de Educación, FP e Innovación educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Manuel Corredoira, participou no acto de entrega dos Premios á Calidade e Innovación en Orientación e en Formación Profesional outorgados polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Os galardóns foron entregados polo ministro Íñigo Méndez de Vigo.

O primeiro premio foi para o equipo conformado polos IES Punta Candieira (Cedeira), IES Xoán Montes (Lugo) e CIFP As Mercedes (Lugo) que presentaron un proxecto conxunto sobre rehabilitación enerxética de edificios públicos.

Pola súa parte, o IES Escolas Proval (Nigrán) recolleu o terceiro premio por un proxecto denominado ‘Videorockola’, de creación dun aparato de reprodución de música e vídeo a demanda con pantalla táctil.