Preguntas e respostas en relación co desenvolvemento do terceiro trimestre nas ensinanzas de FP

En aplicación das medidas de contención no ámbito educativo e da formación previstas no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma sanitaria ocasionada polo COVID-19, publicouse:

  • A Resolución do 23 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo durante o curso 2019-2020 para:
    • Flexibilizar a realización da FCT.
    • Establecer o procedemento de avaliación da FCT e Proxecto.
    • Organizar a da FP dual
  • As Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020 e se adiantan aspectos para ter en conta na organización académica do curso 2020-2021.

Con este documento, ponse á disposición da comunidade educativa un conxunto de preguntas e respostas coa finalidade a aclarar as dúbidas que puidesen xurdir. Trátase dun documento aberto, que incorporará novas cuestións, de xurdiren novas dúbidas que requiran ser aclaradas.