TVG. Convocatoria de proba para un contrato en prácticas

Convocatoria do proceso de selección para un contrato en prácticas na categoría laboral Operador de cámara en Televisión de Galicia, S. A.

Requisitos:
Estar en posesión ciclo superior de Iluminación, captación e tratamento de imaxe.

Inscrición:
Os/as aspirantes deberán entregar en Recursos Humanos da CRTVG da súa sede en San Marcos ou enviar ó enderezo proceso.seleccion@crtvg.es un curriculum vitae segundo as instruccións do arquivo xunto (Máis información) indicando que é para esta proba.

Período de inscrición:
O período de inscrición remata o martes 3 de marzo de 2015.

- Máis información

Etiquetas: