Obtén información da familia profesional que che interesa

 

Como supoño que saberás, existen 26 familias profesionais. Dentro de cada unha definíronse unha serie de ciclos formativos de grao medio e grao superior, que pretenden cubrir as necesidades de formación e prepararte para á actividade laboral do sector de cada familia profesional.

Neste punto, a túa tarefa vai consistir en obter información sobre o catálogo de ensinanzas da familia profesional que corresponde a túa elección,  e o sitio onde vas realizar os teus estudos para posteriormente realizar o informe que xustifique a elección da túa profesión.

As ligazóns que se mostran a continuación e, que terás que visitar para obter a información que necesitas, están clasificadas en bloques.

Procura visitar todas as páxinas que se mostran, xa que así obterás información dos diversos ciclos formativos que se ofertan, tanto na nosa comunidade autónoma coma no resto de comunidades.

Se, cando remates a consulta das páxinas que se indican, aínda tes algunha dúbida, podes falar co teu titor ou titora e tamén co orientador ou orientadora do teu centro.

Que e onde podo estudar?

Preme co rato sobre o logo da familia profesional que corresponde aos teus intereses e busca:

  • Os ciclos de grao medio
  • Onde podes estudalos

 
- Acceso a información das familias profesionais de FP
 

Cando teñas o título de técnico (que obterás cos estudos anteriores) ou o bacharelato poderás optar aos ciclos de grao superior.


Máis información sobre a Formación Profesional

Se necesitas ampliar máis información sobre toda a formación profesional, os ciclos formativos, os requisitos de acceso, o procedemento de admisión, as saídas académicas e laborais preme sobre a seguinte ligazón:

- Coñece a FP
 

Estudar noutra comunidade autónoma

Se queres estudas fóra de Galicia, porque aquí non atopas o ciclo formativo que che interesa, podes buscar información nos portais educativos das outras comunidades autónomas.

É moi sinxelo, no mapa premes na comunidade autónoma que che interese:

- Estudar noutra comunidade

 
Se non posúes os requisitos de acceso directo aos ciclos formativos de grao medio

Caso de non ter os requisitos de acceso directo aos ciclos formativos de grao medio e queres preparar a proba de acceso entón na seguinte ligazón tes acceso a toda a información das probas de acceso a ciclos de grao medio.

- Información sobre as probas de acceso a ciclos de grao medio
 
 

>> Continúa co Php Webquest